Pontevédrate...

A rúa Gutiérrez Mellado continúa o elegante alineamento de palmeiras que nace no parque, integrando aínda máis o parque na trama urbana

As árbores da cidade

Se ben o medio rural ten de seu unha gran densidade de vida natural, tanto en espazos públicos como en propiedades privadas, tamén no ámbito urbano Pontevedra é rica en especies arbóreas.

Tal é a importancia que para o Concello ten esta importante fonte de osíxeno e vitalidade, que se ten realizado un exhaustivo estudo sobre a flora ornamental arborescente do núcleo urbano. É unha completa publicación con datos de todo tipo que recolle, a modo de catálogo os nomes das especies, referencias biolóxicas sobre elas, a súa ubicación, etc.

Esta publicación está ao teu alcance na rede, no enderezo www.pontevedra.eu/arbores. Ahí podes atopar esta completa guía da vexetación urbana (documentación, familias botánicas, utilidades e curiosidades, localización e número de exemplares de cada especie) cun sinxelo sistema de navegación.

Os autores, Jaime Bernardo Blanco Dios e Amancio Castro González, colleitaron un enorme éxito con esta acción municipal.

O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 29.03.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 15.03.2010 polo Concello de Pontevedra.