Pontevédrate...

Ante o mal estado no que se atopaban as vellas casas do concello construídas no século XVI,o goberno municipal decide derrubalas en 1877 e edificar o actual consistorio

Os Columpios das Palmeiras


   O principal parque urbano da cidade dispón dende  novembro de 2008 duns xoguetes de última xeneración e pensados para todos os nenos, con especial atención a aqueles que teñen algunha discapacidade.

    Ademais do lecer e divertimento propias destas áreas infantís, os parques teñen un valor engadido na socialización e potenciación psicomotriz dos rapaces, que será especialmente importante nesta nova área que dispón de dous espazos de xogos: unha para nenos de ata catro anos, e outra para nenos de ou 5 anos ate 12 anos.

   O investimento que a Concellaría de Medio Ambiente Urbano, que xestiona Raimundo González Carballo, dispuxo para esta área infantil foi de 200.000 euros, xa que ademais de renovar a área antiga incorporouse unha superfice de 350 metros cadrados, onde estaban as gaiolas dos paxaros, polo que o parque infantil ten na actualidade a case 800 metros cadrados coas dúas áreas.

    Na nova área está dotada con bambáns máis clásicos e pensados para os nenos máis pequenos ata catro ou cinco anos. Mentras que a área renovada dispón agora, de estruturas tubulares como escaladas, redes..., pero tamén pensadas para nenos con menos posibilidades motoras que os demáis. 4

    Os traballos consistiron na creación da nova área cunha plataforma de formigón, instalacións dos xoguetes, e instalación do caucho; mentras que os traballos da actual zona de xogos foi a reforma da plataforma de formigón, así como a retirada e nova colocación do caucho azul e a instalación dos xoguetes.

    Os bambáns das Palmeiras foron un dous primeiros parques da cidade que se creou fuxindo dos modelos tradicionais, no seu momento, de ferro. Non ano 1996 non existía en Galicia ningunha normativa sobre parques infantís, polo que se fixeron diversas adaptacións: reformas dos xogos, reparacións, instalación de pavimentos...

    Os técnicos municipais recoñecían nun estudo do pasado ano que os bambáns necesitan dunha reparación en profundidade, de aí que se decidira mercar novos xogos ao entender que os existentes xa tiñan cumprida a súa vida.


O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 23.10.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 22.01.2009 polo Concello de Pontevedra.