Pontevédrate...

As persoas que peregrinan a Santiago penetran no centro histórico pola Ponte de Trabancas. Desde alí guíanse polas luces azuis do pavimento

Área recreativa de Barcelos

A área recreativa da praza de Barcelos pódese dicir que é unha das máis completas do municipio.

Levouse a cabo unha reforma total, pavimentos, xogos, valados e mobiliario, sobre unha superficie de uns 900 metros cadrados. Creáronse catro áreas de xogo diferentes: para nenos pequenos ata 3 anos, nenos de entre 3 e 12 anos, unha para adolescentes e outra para persoas de 0 – 100 anos (é dicir, pensado fundamentalmente para a poboación da terceira idade que acompaña aos nenos ao parque infantil ou que decide achegarse ata estas instalacións).

Dispón de aparellos adaptados a persoas con minusvalías, xogos que evocan figuras (un barco) e que propician o xogo dos nenos. O parque dispón de sinalización das distintas áreas, bancos suficientes para as persoas que acompañan aos nenos, dúas fontes e peche de todo o seu perímetro con valado de madeira e accesos de tipo toril (con burladeiro); é dicir, un sistema que dificulte a saída directa dos nenos ao exterior do parque co fin de posibilitar a reacción dos pais ou coidadores de cara á seguridade dos nenos.

Na totalidade da superficie instalouse un pavimento de caucho continuo con figuras e cores que aportan ao parque unha nota de color.

    No verán de 2008, o concelleiro Raimundo González acordou dotar a esta área infantil dunha correta iluminación xa que, agás na época estival, o uso desta área era moi limitada por falta de luz. Varias torretas iluminan na actualidade un dos parques infantís máis empregrados da cidade.


O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 14.08.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 04.02.2009 polo Concello de Pontevedra.