Pontevédrate...

Visita a exposición de Arqueoloxía galega do Museo, con importantes pezas da Idade do Bronce e orfebrería prehistórica

Enil Xunqueira de Alba

A de Alba é unha das tres grandes xunqueiras que rodeaban a cidade, e que foron parcialmente invadidas durante o século XX mentres a cidade medraba. Se a do Cobo foi desecada para edificar enriba dela os diversos centros educativos, e posteriormente o Campus Universitario, o Pazo da Cultura e o Recinto Feiral, nunha zona da de Alba chegou a localizarse nada menos que un vertedoiro de lixo urbano, que despois ocuparon varias estradas de acceso á AP9, a mesma autoestrada e outros nós viarios. En canto á de Ponte Muíños, de menor dimensión, tamén está parcialmente invadida. Aínda existe unha cuarta xunqueira, en Ponte Sampaio, esa si en bo estado de conservación. 

En 2006 rematou o Plan de Saneamento Integral do Río, a Ría e as Xunqueiras, que eliminou as numerosas verteduras que existían en todo o contorno desta zona húmida, polo que mellorou significativamente a súa calidade ambiental. Previamente, unha intervención da Dirección Xeral de Costas do Estado realizara unha obra de axeitamento de sendeiros, marxes, pontes e camiños, que converteu a Xunqueira de Alba nun espazo natural visitábel e nun privilexiado miradoiro de fauna e aves, actividade para a que foi concibida unha atalaia localizada nunha zona próxima á senda que parte da ponte do Vao. 

Son moitísimos os cidadáns que frecuentan a xunqueira, grazas aos seus agradables paseos e ás intervencións que nos últimos anos a mantiveron coma unha das áreas verdes máis senlleiras da comarca. Na actualidade está declarada como Espazo Natu ral de Interese Local (ENIL).

O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 24.07.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 24.07.2017 polo Concello de Pontevedra.