Pontevédrate...

O Museo de Pontevedra foi declarado Monumento Histórico Artístico en 1962

Como actuar...

Se tes un can estás obrigado a…

    1. Identificalo cun microchip. O microchip é obrigatorio para todos os animais de compañía na Comunidade Autónoma de Galicia.

    2. Desparasitación, polo menos unha vez ao ano.

    3. Cartilla sanitaria obrigatoria.

    4. Levalo pola correa.

    5. Recoller os excrementos.

 

Requisitos para a tenza de cans de razas perigosas

    A tenza de cans de razas perigosas está regulada pola Lei 50/1999 sobre o Réxime Xurídico da Tenza de Animais Potencialmente Perigosos, o Real Decreto 287/2002 polo que se desenvolve a Lei 50/1999, e o Decreto 90/2002 polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia.

   Segundo o establecido nesta normativa para poder posuír un animal considerado perigoso é necesario contar cunha licenza administrativa outorgada polo concello correspondente. Os requisitos para obtela son os seguintes:

    1. Obter unha licenza no Concello (débese renovar cada 5 anos).

    2. Subscribir un Seguro de Responsabilidade Civil.

    3. Inscribilo no rexistro do Concello.

    4. Identificalo co correspondente microchip.

 

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 19.04.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 06.10.2011 polo Concello de Pontevedra.