Pontevédrate...

O caserón dos Cruu e Montenegro, na praza de Méndez Núñez era centro da vida intelectual de finais do SXIX. Valle Inclán formouse na Biblioteca dos Muruais, que vivían neste edificio

Zona Sur

S1 Nó do Pino
Reforma deste importante nó de comunicacións do sur da cidade, o máis importante punto negro da actualidade no que conflúen a Avda. de Vigo, a N550, a PO11, o accesos a un centro comercial e a San Brais, e a PO542 (Pino-Bora). Existe unha solución a 2 niveis e con 2 rotondas sucesivas, proposta polo Ministerio de Fomento. Estado: Proxecto en período de información pública

S2 Rotonda do Marco
Proxecto para mellorar a seguridade vial e a axilidade circulatoria entre as estradas Pino-Bora e Marco-Tomeza (Deputación). Estado: En obras

S3 Nó da Ría
Solución adoitada entre o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galiza para a conexión entre as vías PO10, PO11, PO12 e VRG4.4 (Variante de Marín), que ten como obxectivo a incorporación á rede desta última e a mellora da seguridade viaria do actual encontro entre as tres vías de acceso: PO 10,11 e 12. Estado: En fase de proxecto entre o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galiza.

S4 Circunvalación de Marín
Rematará a circunvalación desta cidade que agora se atopa a medio construir. Dentro do termo municipal de Pontevedra vai dar á nova conexión da ría, donde conflúen tamén as vías de acceso PO10, PO11 e PO12, mellorando ostensibelmente a seguridade viaria. Estado: Pendente de iniciar a construcción da vía pola CPTOPT e da nova conexión entre a CPTOPT e o Ministerio de Fomento.

S5 Nova conexión sur AP9
Proxecto que consiste en ampliar a área libre de peaxe da autoestrada AP9 ao seu paso pola cidade, complementando o do norte. Quedaría ampliado ate a nova conexión entre a A57 e a Variante de Marín, un novo nó que incluiría a conexión tamén coa N550. Estado: Proposta municipal ao Ministerio de Fomento

S6 Conexión Marín, A57 e Brilat
Un vial chamado a conectar a cara norte do Morrazo coa A57, o leste e o norte da cidade cunha vía de alta capacidade, que ademáis conecte a Brilat. Estado: Proposta municipal a Fomento

S7 Acceso a Praceres
Vial que unirá a futura Variante de Marín co núcleo dos Praceres, fornecendo un novo acceso máis directo desde Marín, Estrivela e o Porto tanto á variante como á Brilat e a futura rede de alta capacidade. Estado: Proposta municipal á CPTOPT 

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 20.06.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 14.09.2011 polo Concello de Pontevedra.