Pontevédrate...

Unha parte importante do museo ocúpase da historia marítima, o gremio de Mareantes e mariños pontevedreses, como os irmáns Nodales ou Pedro Sarmiento de Gamboa

Circunvalación interior

C1 Ate a estrada de Campolameiro
Treito da Autovía que percorrerá a provincia de norte a sur e que funcionará para o tráfico de paso como circunvalación exterior de Pontevedra. Desde o sur, conecta Arcade - Ponte Sampaio - Canicouva co sur de Tomeza e a futura conexión sur coa Variante de Marín; a estrada de Ponte Caldelas e Polígono do Campiño, así como a vía Pino - Bora, a estrada de Ourense e a de Campolameiro, cruzado xa o río Lérez entre Bora e Xeve. Estado: Aprobada a Declaración de Impacto Ambiental polo Ministerio de Fomento

C2 Desde Estrada de Campolameiro ao norte
Continuación da autovía desde Xeve cara ao norte, por Verducido, desde donde se despide do termo municipal cara a Barro, lugar donde tende a confluir coas conexións entre a Autovía do Salnés, a AP9 e a Autovía de Vilagarcía. Estado: En fase de estudo polo Ministerio de Fomento.

C3 Conexións coa Ronda
Un viario de conexión entre o treito norte da futura Ronda Urbana e a A57 ou Circunvalación Exterior da cidade. Estado: En estudo

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 25.05.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 14.09.2011 polo Concello de Pontevedra.