Pontevédrate...

Na praza das 5 rúas vivía Valle -Inclán. E enfrente vivía o veciño de Valle-Inclán, como lembra unha frase pintada na parede

Zona da Barca - O Vao

B1 Ponte das Correntes
Nova ponte sobre o río Lérez en tre as pontes do Burgo e A Barca. Unha das accións deseñadas para mellorar o acceso norte ao centro urbano. Unirá as avenidas de Uruguai e Domingo Fontán e prantéxase como unha vía de penetración no casco urbano desde o norte. Consiste nunha ponte con carrís de circulación rodada, espazo peonil e para ciclistas.
Permitirá recuperar a Ponte do Burgo e desafogar a Ponte da Barca, permitindo neste último un único sentido de circulación, de entrada á cidade. Estado: proposta municipal para licitación de concurso de proxecto e obra, agardando financiación.

B2 A Caeira - O Vao
Vía ubicada dentro do Concello de Poio, chamada a convertirse en vía de saída da cidade cara a Sanxenxo e de vital importancia para minorar a presión na Rúa da Barca (Poio) e a Ponte do mesmo nome, que une os dous concellos. Completa a conexión entre as estradas autonómicas de Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa a través da Caeira. Estado: Proxecto realizado polo Concello de Poio, en fase de expropiacións.

B3 Nó de Bombeiros
O chamado nó de Bombeiros afecta á confluencia entre a Avenida Domingo Fontán e as estradas de Vilagarcía e Sanxenxo, así como ao acceso á AP9 máis próximo ao centro da cidade (no futuro, acceso centro). A súa reforma integral ten como obxectivo mellorar a seguridade e permitir unha circulación máis doada en sentido saída e entrada á cidade, así como entre o principal núcleo urbano de Poio e a estrada de Vilagarcía. Estado: proposta viaria á CPTOPT.

B4 Reordenación da Ponte da Barca
Estas novas infraestructuras permitirán eliminar un dos puntos negros do acceso á cidade, grazas ao sentido único de circulación entre a glorieta de Ferreirós e a propia Ponte, que quedaría de entrada á cidade. A vía superior O Vao - A Caeira - Ferreirós tería doble circulación. Estado: dependente do resto das infraestructuras.

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 19.10.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 14.09.2011 polo Concello de Pontevedra.