Pontevédrate...

O Museo de Pontevedra ten 6 edificios. Os 5 primeiros teñen nome: Castro Monteagudo, García Flórez, Sarmiento, Fernández López e as ruinas de Santo Domingo

Desdobramento da Avenida de Vigo

A Concellaría de Infraestruturas aposta decididamente pola construción do desdobramento da avenida de Vigo, de vital importancia para esa zona da cidade e o último trazo para rematar o viario periurbano de Pontevedra.


O desdobramento da avenida de Vigo atópase no Plan Xeral de Pontevedra dende o ano 1953. A construción deste viario de nova planta está incluído dentro do convenio asinado co Ministerio de Fomento no ano 2001.

O custe da obra que tramitará e executará o Concello, é de 4.053.000 euros máis 2.250.000 euros de expropiacións. Son 23 fincas coas que o concelleiro de Infraestruturas pretende chegar a un acordo. O Concello quere negociar cos propietarios dos terreos a expropiar para poder iniciar o proxecto de construción no ano 2013, poder rematalo en 2014.

É un viario de 460 metros de lonxitude de 25 metros de ancho (máis que Juan Carlos I). Presenta beirarrúas moi anchas e dúas glorietas: unha de entrada e outra de saída.
O proxecto debera completarse coa actuación da Xunta de Galicia de facer un acceso directo dende ese viario á estación de autobuses. Serían arredor de 40 metros que permitiría descargar gran parte o viario urbano da cidade de autobuses, mellorar o transporte urbano e a súa fiabilidade e destapar o tramo do Gafos que nese punto vai soterrado.

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 19.10.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 06.10.2011 polo Concello de Pontevedra.