Pontevédrate...

A Igrexa de San Bartolomé atesoura imaxes de Pedro de Mena, Gregorio Fernández, Pedro de Campo ou Bieito Silveira, das escolas compostelá e castelá.

Plan viario da M4

A realidade urbana de Pontevedra sobarda amplamente os límites da súa área central propiamente dita, implicando no seu deseño unha ampla zona territorial que inclúe asentamentos poboacionais limítrofes —especialmente Marín e Poio—, as 15 parroquias que arrodean a cidade, infraestructuras supramunicipais (Hospital, porto, instalacións militares, polígonos industriais...), ademáis da consideración urbana como centro comercial, educativo e administrativo dunha ampla área de influencia que conflúe na capital.

Os déficits de infraestructuras de mobilidade periférica son patentes e precisan de solucións nas que aparecen implicadas todas as administracións, polo que a iniciativa municipal constituiuse en 2005 a Mesa polas Infraestructuras de Pontevedra, M4, un grupo de traballo no que se atopaban representadas a Deputación Provincial, a Xunta de Galiza e o Goberno Central, ademáis do propio Concello.

Aquel episodio deu como resultado un avance trascendente na definición da rede viaria que pode axudar aos pontevedreses a resolver os seus actuais problemas de mobilidade perimetral.

Cada nivel da administración debe implicarse na resolución dos problemas derivados da súa competencia, xa que na cidade conviven os tráficos urbanos cos de ámbito comarcal e de longa distancia.

Pode consultarse o Plano de infraestuturas de mobilidade periférica, que, ademáis das accións ferroviarias en marcha, contempla unha rede integrada, completa e pensada para a Pontevedra do presente e do futuro. Sete zonas ou iniciativas que inclúen un total de 27 accións coas que conseguir un sistema de conexións á altura das nosas necesidades.

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 28.03.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 14.09.2011 polo Concello de Pontevedra.