Pontevédrate...

O caserón dos Cruu e Montenegro, na praza de Méndez Núñez era centro da vida intelectual de finais do SXIX. Valle Inclán formouse na Biblioteca dos Muruais, que vivían neste edificio

Solicitude de prórroga de pago de plusvalía por causa de morte

Solicitude de prórroga para autoliquidar o imposto sobre o incremento dos terreos de natureza urbana no caso de transmisión por causa de morte.Dirixido a
Os obrigados ao pagamento, que  serán:
•    Nas transmisións mortis causa, o suxeito pasivo é o herdeiro, legatario ou a comunidade de herdeiros.
Prazo de presentación da declaración:
•    Actos mortis causa: seis meses dende a data na que se produce a transmisión da propiedade do terreo ou se constitúe ou transmite calquera dereito real de goce limitativo do dominio sobre o terreo. Este prazo pódese prorrogar a un ano se o solicita o suxeito pasivo.

Solicítase e preséntase en:
Rexistro Xeral
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.: 986 804 234
Fax: 986 862 590
Horario: De luns a sábados (agás festivos), de 9:00 a 13:30 horas. Os sábados non se compulsan documentos.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro.

Tramítase en (función da compensación solicitada)
Xestión Tributaria
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.: 986 804 300 (Ext 4264)
Fax: 986 804 328
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:30 h.

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.
•    Mod. 807 Solicitude de prórroga no IIVTNU (plusvalía)

 

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 15.08.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 16.05.2008 polo Concello de Pontevedra.