Pontevédrate...

Na época da Restauración, a finais do XIX, iníciase un proceso de readaptación urbana e mellora das infraestruturas: rehabilítase o cascohistórico, planifícase o ensanche, levántanse novos edificios públicos, chega o ferrocarril,...

Solicitude de devolución de ingresos

Este trámite realizase para recoñecer o dereito e practicar a devolución dos ingresos que indebidamente se tivesen realizado no Concello de Pontevedra con ocasión do cumprimento de obrigas tributarias ou pagos de sancións.

O obxecto do procedemento é recoñecer o dereito e practicar a devolución dos ingresos que se realicen por mor do cumprimento das obrigas tributarias ou do pagamento de sancións nos seguintes supostos.
-     Cando se producira duplicidade no pagamento da débeda ou sanción.
-    Cando se teña ingresado un importe superior ao resultante do acto administrativo ou autoliquidación que deran lugar ao ingreso.
-    Cando se producira o ingreso dunha cantidade despois de ter prescrita a obriga de pagamento.
-    Cando se teña presentado, e admitido polo Concello, a renuncia á prestación que impoñía o pagamento.
-    Cando se teñan pagado dous recibos ou liquidacións polo mesmo feito impoñible e o mesmo período.
-    Cando se teña anulado o recibo ou liquidación por resolución administrativa, económico- administrativa ou xudicial.
-    Nos demais supostos que recolle a normativa tributaria.

Dirixido a
Os obrigados tributarios, os suxeitos infractores e os seus sucesores.

Documentación necesaria. Achegará o xustificante de pago do recibo ou liquidación da que solicita a devolución, debendo obrar no expediente o documento orixinal, facéndolle entrega, no seu caso, de resgardo conforme entregou dita documentación.

Se a solicitude ou a documentación presentada tiveran algún defecto, ou non se achegara toda a documentación precisa, concederáselle ao interesado o prazo de dez días para que subsanen as deficiencias, advertíndolle que transcorrido ese prazo sen que o faga, arquivarase a solicitude sen máis trámites.

Se a persoa solicitante da devolución é:

a) o suxeito pasivo do tributo: Deberá achegar a documentación acreditativa das manifestacións formuladas polo solicitante da devolución: (orixinal e fotocopia para compulsa).

b) persoa distinta do suxeito pasivo:
a.    Orixinal do xustificante /s de pago: (orixinal e fotocopia para compulsa).
b.    Xustificante acreditativo da titularidade da conta bancaria na que, no seu caso, se procederá a efectuar a devolución por transferencia.
c.    E, no caso de que o pago se fixera mediante tarxeta, achegará xustificante acreditativo da titularidade da tarxeta e núm.. da tarxeta coa que se efectúo o pago.

Nos supostos de falecemento do suxeito pasivo:
a.    Declaración de herdeiros.
b.    Certificado de defunción.
c.    Renuncia, no seu caso, de un ou varios herdeiros a favor de outro/s e copia do NIF de todos eles.

Solicítase e preséntase en
Rexistro Xeral
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.: 986 804 234
Fax: 986 862 590
Horario: De luns a sábados (agás festivos), de 9:00 a 13:30 horas. Os sábados non se compulsan documentos.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro.

Tramítase en (función da compensación solicitada)
Xestión Tributaria
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.: 986 804 269
Fax: 986 804 328
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:30 h.

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.
•    Mod 870 Solicitude de devolución de ingresos indebidos

Normativa reguladora:
•    Lei 58/2003 de 17 de decembro, Lei xeral tributaria.
•    Real decreto 520/2005, de 13 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de desenvolvemento da Lei 58/2003, en materia de revisión en vía administrativa
 

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 18.06.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 16.05.2008 polo Concello de Pontevedra.