Pontevédrate...

As ábsidas góticas son o único vestixio do antigo Convento de San Domingos, hoxe parte do Museo de Pontevedra

Solicitude de devolución de fianza

Devolución dunha garantía, depositada no Concello de Pontevedra para asegurar o cumprimento dunha obriga legal, despois de que esta se cumpra debidamente.

Dirixido a
Ao interesado que ten cumprida a obriga que asegura a fianza.

Requirimentos
Cumprimento da obriga que garante a fianza:
- Extinción da débeda.
- Remate da obra ou do período de garantía.
- Remate do contrato, etc.

Documentación necesaria
Ver instruccións particulares do documento anexo ao modelo de solicitude.

Solicítase e preséntase en
Rexistro Xeral
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.: 986 804 234
Fax: 986 862 590
Horario: De luns a sábados (agás festivos), de 9:00 a 13:30 horas. Os sábados non se compulsan documentos.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro.

Tramítase en
Tesouraría, Contratación ou Urbanismo
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.: Ver no directorio da páxina web
Fax: .: Ver no directorio da páxina web
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:30 h.

Formularios: Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.
•    Mod 879 Devolución de fianzas
 

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 18.06.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 16.05.2008 polo Concello de Pontevedra.