Pontevédrate...

A capela de San Roque estaba antes nas Corbaceiras. Foi trasladada á súa ubicación actual en 1861

Solicitude de compensación de débedas

O obrigado tributario pode solicitar a compensación de débedas tributarias co Concello de Pontevedra cando exista un crédito ao seu favor neste Concello.Dirixido a Calquera persoa física ou xurídica que teña un crédito recoñecido polo Concello e unha débeda coa facenda municipal.

Documentación necesaria
- Solicitude de compensación de débeda, correctamente enchida.
- Copia dos documentos nos que se reflictan as débedas.
- Copia dos documentos nos que se reflictan os créditos.

Advertencias
A presentación da solicitude de compensación en período voluntario impedirá o inicio do período executivo da débeda concorrente co crédito ofrecido, pero non o devengo dos xuros de demora que poida proceder, de ser o caso, ata a data de recoñecemento do crédito.

A extinción da débeda tributaria producirase no momento da presentación da solicitude ou cando se cumpran os requisitos esixidos para as débedas e os créditos, se ese momento fose posterior á dita presentación. O acordo de compensación declarará a extinción da débeda.

Se o importe da débeda é superior ao do crédito, deberá realizarse o ingreso da parte restante. Se o crédito é superior ingresaráselle a diferencia na conta indicada na solicitude de compensación.

Se o Concello comproba a inexistencia do crédito ofrecido ou, para o caso dun crédito por devolución tributaria, comproba que non existe solicitude de devolución, a Administración considerará como non presentada a solicitude de compensación e arquivará sen máis trámites.

Solicítase e preséntase en
Rexistro Xeral
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.: 986 804 234
Fax: 986 862 590
Horario: De luns a sábados (agás festivos), de 9:00 a 13:30 horas. Os sábados non se compulsan documentos.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro.

Tramítase en (función da compensación solicitada)

Xestión Tributaria
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.: 986 804 269
Fax: 986 804 328
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:30 h.

Tesouraría
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.: 986 804 217
Fax: 986 860 571
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:30 h.


Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.
•    Mod 861 Solicitude de compensación

 

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 18.06.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 16.05.2008 polo Concello de Pontevedra.