Pontevédrate...

As casas barrocas de Castro Monteagudo e García Flórez, hoxe parte do Museo de Pontevedra, son grandes exemplos da arquitectura urbana galega do SXVIII

Solicitude de beneficios fiscais no Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica

Tramitación de solicitudes de exencións e bonificacións no Imposto de vehículos de tracción mecánica

En caso de exencións si se trata de:
a)    vehículos conducidos por persoas con mobilidade reducida ás que se refire a liña A do anexo II do Regulamento xeral de vehículos e estean matriculados a nome de minusválidos sempre que sexa para o seu uso exclusivo.
b)    vehículos para o transporte de persoas con mobilidade reducida ás que se refire a liña A do anexo II do Regulamento xeral de vehículos e estean matriculados a nome de minusválidos sempre que sexa para o seu uso exclusivo.
c)    Tractor, remolque, semirremolque e maquinaria provista de Cartilla de Inspección agrícola.

En caso de bonificacións si se trata de:
a)    Vehículo histórico catalogado como tal segundo a lexislación vixente
b)    Vehículo cunha antigüidade superior a 25 anos. De non ter acreditación da data de fabricación, tomarase como data a primeira matriculación, e de non coñecela, tomarase a data na que se deixou de fabricar. En calquera dos casos achegará documentación xustificativa.

Documentación necesaria
En exención por
a) Vehículo conducido por persoa con discapacidade.
1    Certificado da minusvalía emitido pola Administración competente
2    Copia compulsada da póliza do seguro do vehículo onde debe constar que o tomador e o conductor habitual é o beneficiario da exención
3    Xustificante de pago do seguro do vehículo
4    Declaración xurada do titular minusválido de que o vehículo é para o seu uso exclusivo

b) Vehículo destinado ao transporte de persoa con discapacidade.
1    Certificado da minusvalía emitido pola Administración competente
2    Copia compulsada da póliza do seguro do vehículo
3    Xustificante de pago do seguro do vehículo
4    Declaración xurada do titular minusválido de que o vehículo é exclusivamente para o seu transporte

c) Tractor, remolque, semirremolque e maquinaria provista de Cartilla de Inspección agrícola.
1    Copia compulsada da cartilla de inspección agrícola

En Bonificación por
a) Vehículo histórico.
1    Acreditación de que o vehículo histórico está catalogado como tal segundo a lexislación vixente
b) Vehículo con antigüidade superior a 25 anos.
1    Acreditación da data de fabricación

Advertencias
Se a solicitude ou a documentación presentada tiveran algún defecto, ou non se achegara toda a documentación precisa, concederáselle ao interesado o prazo de dez días para que subsane as deficiencias, advertíndolle que transcorrido ese prazo sen que o faga, arquivarase a solicitude sen máis trámites.

A solicitude resólvese coa Resolución do concelleiro de goberno responsable da Area de Medio Ambiente Urbano e Facenda que se notificará ao interesado no seu domicilio. O prazo para resolver é de seis meses. Se nese prazo non se resolvera, a solicitude entenderase desestimada.

Prazo de presentación
En exencións, a solicitude presentada terá efectos, en seu caso, no período impositivo seguinte ao da solicitude.
En Bonificacións, un mes contado dende o día seguinte ao de finalización do período de exposición pública do Padrón do imposto no mesmo exercicio. As presentadas fora deste prazo terán efectos, no seu caso, no período impositivo seguinte ao da solicitude.

Solicítase e preséntase en
Rexistro Xeral
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.: 986 804 300 (Ext. 4234)
Fax: 986 862 590
Horario: De luns a sábados (agás festivos), de 9:00 a 13:30 horas. Os sábados non se compulsan documentos.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro.

Tramítase en
Xestión Tributaria (Atención ao contribuínte)
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.: 986 804 300 (Ext 4269)
Fax: 986 804 328
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:30 h.

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.
•    Mod 802 Solicitude de benerficios fiscais no IVTM

Normativa reguladora:
•    Lei 58/2003 de 17 de decembro, Lei xeral tributaria.
•    Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 marzo.
•    Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

 

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 15.08.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 16.05.2008 polo Concello de Pontevedra.