Pontevédrate...

A capela de San Roque estaba antes nas Corbaceiras. Foi trasladada á súa ubicación actual en 1861

Solicitude de beneficios fiscais no Imposto sobre o aumento do valor dos terreos de natureza urbana (Plusvalía)

Declaración de exención ou bonificacións no imposto sobre o aumento do valor dos terreos de natureza urbana, nos supostos legalmente establecidos.

1.    Exencións: Están exentos os aumentos de valor que se produzan como consecuencia da transmisión de bens situados dentro do perímetro delimitado como conxunto histórico- artístico ou teñan sido declarados de interese cultural, segundo o establecido na Lei 16/1995 do patrimonio histórico español, cando os seus propietarios ou titulares de dereitos reais acrediten que realizaron por conta deles obra de conservación, mellora ou rehabilitación nos inmobles transmitidos. Para ter dereito a exención, as obras teñen que cumprir estes requisitos:
a. Deben estar realizadas con posterioridade á entrada en vigor do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica e consonte co establecido nos capítulos 1 e 2 do título 4 do citado Plan.
b. Deben estar rematadas dentro do período comprendido nos vinte anos inmediatamente anteriores á data de devengo do imposto.

2.    Bonificacións: Transmisións de bens a título lucrativo por causa de morte a favor de ascendentes e adoptantes, descendentes e adoptados, ou cónxuxe do causante.

Documentación necesaria:
Exencións:
•    Copia compulsada da licenza de obras
•    Copia compulsada do certificado final de obra
Bonificacións:
•    Certificado de defunción ou copia compulsada.
•    Copia compulsada do testamento e certificado da última vontade do causante.
•    Copia compulsada da relación de herdeiros.
•    Relación de inmobles urbanos propiedade do causante.
•    Documentación acreditativa da titularidade dos inmobles no termo municipal Pontevedra
•    Anexo 1-Listaxe de herdeiros.

Prazo de presentación:
A solicitude de beneficio fiscal deberá presentarse antes de que se lle notifique ao suxeito pasivo o inicio de calquera procedemento de inspección ou comprobación tributaria relativo ao imposto.

Solicítase e preséntase en:
Rexistro Xeral
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.: 986 804 234
Fax: 986 862 590
Horario: De luns a sábados (agás festivos), de 9:00 a 13:30 horas. Os sábados non se compulsan documentos.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro.

Tramítase en:
Xestión Tributaria (Atención ao contribuínte)
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.: 986 804 269
Fax: 986 804 328
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:30 h.

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.
•    Mod 806 Solicitude de beneficios fiscais no IIVTNU

Normativa reguladora:
•    Lei 58/2003 de 17 de decembro, Lei xeral tributaria.
•    Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
•    Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana
 

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 18.06.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 16.05.2008 polo Concello de Pontevedra.