Pontevédrate...

A rúa Gutiérrez Mellado continúa o elegante alineamento de palmeiras que nace no parque, integrando aínda máis o parque na trama urbana

Solicitude de beneficios fiscais no Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras (ICIO)

Bonificación do pago do ICIO nos supostos establecidos na Ordenanza Fiscal 20/2008 do Concello de Pontevedra.

Dirixido a
Os suxeitos pasivos que cumpran os requisitos sinalados na devandita Ordenanza Fiscal. Pódese solicitar bonificación nos seguintes casos:
•    Construccións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico -artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración.
•    Construccións, instalacións ou obras nas que se incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou electrónico da enerxía solar para autoconsumo. A aplicación desta bonificación estará condicionada a que as instalacións para producción de calor inclúan colectores que dispoñan da correspondente homologación da Administración competente. A porcentaxe de bonificación establecida aplícase sobre os gastos de execución material dos sistemas de aproveitamento térmico ou electrónico da enerxía solar.
•    Construccións, instalacións e obras declaradas como vivendas de protección autonómica polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.
•    Construccións, instalacións e obras que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados. A porcentaxe de bonificación establecida aplícase sobre os gastos de execución material das obras que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados.

Documentación necesaria
•    Actuacións de especial interese ou utilidade municipal.
- Informe ou memoria motivadora do especial interese ou utilidade municipal.
•    Obras declaradas vivendas de protección autonómica.
-    Copia compulsada da cédula de cualificación provisional como vivenda de protección autonómica, emitida polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.
•    Actuacións que incorporen enerxía solar.
-    Proxecto técnico visado, acreditativo das actuacións e homologación dos colectores empregados.
-    Detalle dos gastos que comporte a execución.
•    Actuacións que favorezan o acceso e uso por discapacitados.
-    Proxecto técnico visado, que conteña separata coa relación de obras que contemplan explicitamente as medidas adicionais ás establecidas como obrigatorias e mínimas na normativa, e o seu orzamento.

Prazo de presentación das solicitudes de bonificación deben presentarse coincidindo coa solicitude das correspondentes licenzas.

Preséntase en
Rexistro Xeral
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.: 986 804 300 (Ext. 4234)
Fax: 986 862 590
Horario: De luns a sábados (agás festivos), de 9:00 a 13:30 horas. Os sábados non se compulsan documentos.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro.

Tramítase en:
Xestión Tributaria (Atención ao contribuínte)
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.: 986 804 300 (Ext 4269)
Fax: 986 804 328
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:30 h.

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.
•    Mod. 805. Solicitude de beneficios fiscais no ICIO

Normativa reguladora:
- Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
- Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
- Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre construcións, instalacións e obras.

 

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 18.06.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 16.05.2008 polo Concello de Pontevedra.