Pontevédrate...

As casas barrocas de Castro Monteagudo e García Flórez, hoxe parte do Museo de Pontevedra, son grandes exemplos da arquitectura urbana galega do SXVIII

Solicitude de beneficios fiscais no Imposto sobre Bens Inmobles

Declaración de exención ou bonificación no Imposto sobre Bens Inmobles nos supostos legalmente establecidos.

Documentación necesaria
Exencións:
- Centros docentes con concerto educativo
1    Acreditación da cualidade de centro concertado
2    Informe de Catastro sobre o valor catastral da superficie afectada á ensinanza concertada

- b) Inmobles declarados de interese cultural .
1    Xustificación da declaración do inmoble como ben de interese cultural
2    Certificación da inserción no rexistro de bens de interese cultural

- c) Montes repoboados ou con rexeneración de masas arbóreas Documentación a achegar
1    Certificación da Dirección Xeral de Montes

Bonificacións:
- Obras de promoción inmobiliaria.
1    Copia compulsada da licenza municipal de obras
2    Copia do último recibo do IAE ou certificación da AEAT de que o beneficiario se atopa non suxeito ou exento
3    Copia compulsada do título de propiedade do inmoble
4    Fotocopia do último recibo do IBI ou declaración de alteración de bens
5    Balance de situación pechado a 31 de decembro do exercicio inmediato anterior
6    Certificado do director técnico das obras visado polo colexio oficial competente que acredite o inicio das mesmas

- Vivenda de protección autonómica .
1    Cédula de cualificación definitiva de vivenda de protección oficial expedida polo Instituto Galego da Vivenda e Solo
2    Copia compulsada do título de propiedade do inmoble
3    Copia do último recibo do IBI ou declaración de alteración de bens

- Ben rústico de cooperativas agraria e de explotación comunitaria da terra. Documentación a achegar
1    Acreditación de que o ben rústico pertence a cooperativa agraria e de explotación comunitaria da terra

- Familia numerosa.
1    Copia compulsada do título oficial que acredite a condición e categoría de familia numerosa
2    Certificado de empadroamento do suxeito pasivo
 
Solicítase e preséntase en:
Rexistro Xeral
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.: 986 804 300 (Ext. 4234)
Fax: 986 862 590
Horario: De luns a sábados (agás festivos), de 9:00 a 13:30 horas. Os sábados non se compulsan documentos.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro.

Tramítase en:
Xestión Tributaria (Atención ao contribuínte)
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.: 986 804 300 (Ext 4269)
Fax: 986 804 328
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:30 h.

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.
•    Mod. 804.1 Solicitude de bonificación do IBI
•    Mod. 804.2 Solicitude de execcións do IBI

Normativa reguladora
•    RD lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, Texto refundido da lei reguladora das facendas locais.
•    Lei 58/2003 de 17 de decembro, Lei xeral tributaria.
•    Lei 30/92 de 26 de novembro, do Réxime xurídico e procedemento administrativo común.
•    Lei 7/1985 de Bases de réxime local, modificada pola Lei 57 / 2003 de 16 de decembro de Medidas de modernización do goberno local.
•    Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles.
 

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 22.10.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 16.05.2008 polo Concello de Pontevedra.