Pontevédrate...

A porta da Delegación de Facenda, na Ferraría, era a Porta de San Domingos, da antiga muralla da cidade

Solicitude de beneficios fiscais no IAE

É a solicitude de exención ou bonificación no Imposto sobre actividades económicas.

Dirixido a
Persoas/organismos que cumpran os requisitos sinalados na normativa de aplicación.

Exencións: Poderán solicitar exención:
•    Os organismos públicos de investigación, establecementos de ensino e todos os seus graos, custeados integramente con fondos do Estado, das Comunidades Autónomas ou das entidades locais, ou por fundacións declaradas benéficas ou de utilidade pública, e os establecementos de ensino en todos os seus graos que, carecendo de ánimo de lucro, estivesen en réxime de concerto educativo.
•    As asociacións e fundacións de diminuídos físicos, psíquicos, e sensoriais, sen ánimo de lucro, polas actividades de carácter pedagóxico, científico, asistenciais e de emprego que realicen para o ensino, educación, rehabilitación e tutela de minusválidos.
Bonificacións:
•    Poderán solicitar bonificación os suxeitos pasivos que tributen por cada cota municipal e que teñan incrementado o promedio da súa plantilla de traballadores con contrato indefinido durante o período impositivo inmediato anterior ao da aplicación da bonificación, en relación co período anterior a aquel.
Documentación necesaria

Exencións:
 - Organismos públicos de investigación, establecementos de ensinanza públicos ou con concerto educativo
•    Certificación da administración correspondente acreditativa do financiamento da entidade.
- Asociacións e fundacións de diminuídos físicos, psíquicos e sensoriais, sen ánimo de lucro.
•    Certificación do órgano do que dependa, acreditativa da natureza e fins da entidade.
Bonificacións:
- Incremento de traballadores con contrato indefinido.
•    Certificados da Tesourería Xeral da Seguridade Social da vida laboral da empresa nos exercicios correspondentes.
•    Copia compulsada dos contratos laborais dos traballadores contratados no período impositivo inmediato anterior.
•    Fotocopia dos TC2 de decembro do ano anterior ao do aumento de contratación indefinida.

Prazo de presentación:
Exencións, a solicitude presentada terá efectos, no seu caso, no período impositivo seguinte ao da solicitude.
Bonificacións, un mes contado dende o día seguinte ao de finalización do período de exposición pública do Padrón do imposto no mesmo exercicio. As presentadas fora deste prazo terán efectos, no seu caso, no período impositivo seguinte ao da solicitude.

Advertencias
Se a solicitude ou a documentación presentada teñen algún defecto, ou se non se presenta toda a documentación necesaria, concederáselle ao interesado o prazo de dez días para que subsane as deficiencias, advertíndolle que transcorrido ese prazo sen que o faga, arquivarase o expediente sen máis trámites.

A solicitude resólvese coa Resolución do concelleiro de goberno responsable da Area de Medio Ambiente Urbano e Facenda que se notificará ao interesado no seu domicilio. O prazo para resolver é de seis meses. Se nese prazo non se resolvera, a solicitude entenderase desestimada.

Unha vez concedido un beneficio fiscal non será preciso reiterar a solicitude para a súa aplicación en períodos futuros, salvo que se modifiquen as circunstancias que xustificaron a súa concesión ou a normativa aplicable.

Solicítase e preséntase en:

Rexistro Xeral
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.:
Fax: 986 862 590
Horario: De luns a sábados (agás festivos), de 9:00 a 13:30 horas. Os sábados non se compulsan documentos.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro.

Tramítase en:
Xestión Tributaria (Atención ao contribuínte)
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.: 986 804 269
Fax: 986 804 328
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:30 h.

Formularios: Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.
•    Mod. 803 Solicitude de beneficios fiscais no IAE

Normativa reguladora
•    Lei 58/2003 de 17 de decembro, Lei xeral tributaria.
•    Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
•    Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre actividades económicas.

 

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 22.10.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 16.05.2008 polo Concello de Pontevedra.