Pontevédrate...

O caserón dos Cruu e Montenegro, na praza de Méndez Núñez era centro da vida intelectual de finais do SXIX. Valle Inclán formouse na Biblioteca dos Muruais, que vivían neste edificio

Solicitude de beneficios fiscais na taxa pola prestación de servizos de auga, saneamento e lixo

Solicitude de exención nas taxas pola prestación dos servizos de subministración de auga, conservación de contadores, de saneamento e depuración de augas residuais e de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos ou de bonificación na de recollida de lixo e tratamento de residuos sólidos urbanos.

Dirixido a
Na exención
-    Contribuíntes cuns ingresos anuais inferiores ao salario mínimo interprofesional. A da taxa pola prestación do servizo de recollida de lixo e tratamento de residuos sólidos urbanos tamén os que sexan beneficiarios da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA).

Na bonificación
-    Contribuíntes que habiten en zonas nas que a recollida teña lugar en días laborables alternos.

Documentación necesaria:
No caso de contribuíntes con ingresos anuais inferiores ao salario mínimo interprofesional ou beneficiarios do RISGA:
-    Certificación da administración correspondente acreditativa dos ingresos que percibe.

Solicitarase e preséntase en
Rexistro Xeral
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.: 986 804 234
Fax: 986 862 590
Horario: De luns a sábados (agás festivos), de 9:00 a 13:30 horas. Os sábados non se compulsan documentos.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro.

Tramítase en: (función de a onde se remita)
Xestión Tributaria (Atención ao contribuínte)
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.: 986 804 269
Fax: 986 804 328
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:30 h.

Inspección Tributaria
Enderezo: Rúa Arcebispo Malvar núm. 1
Tel.: 986 804 305
Fax: 986 804 311
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:30 h.

Formularios: Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.
•    Mod. 808 Solicitude de beneficios fiscais na taxas (auga, saneamento e lixo)

Normativa reguladora
•    Lei 58/2003 de 17 de decembro, Lei xeral tributaria.
•    Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
•    Ordenanza fiscal 19/2008, reguladora da taxa de xestión da rede de sumidoiros.
•    Ordenanza fiscal 18/2008, reguladora da taxa pola prestación do servicio de abastecemento de auga.
•    Ordenanza fiscal 6/2008, reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida de lixo.
 

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 18.06.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 16.05.2008 polo Concello de Pontevedra.