Pontevédrate...

O gran caserón dos Cruz e Montenegro, construído no SXV pero hoxe desvirtuado polas reformas que sufreu, viviu o almirante Casto Méndez Núñez, que da nome á praza

Solicitude de aprazamentos e fraccionamentos

Tramitación de solicitudes de aprazamentos e fraccionamentos de débedas tributarias e as derivadas doutros ingresos, que non se exaccionen mediante recibo, esto é, que só se fraccionarán ou aprazarán as débedas de caracter puntual non periódico.

Dirixido a
Os cidadáns con débedas tributarias que se atopen nunha situación económica financeira que lle impida transitoriamente efectuar o pagamento, sempre que se cumpra o establecido cos requisitos recollidos a continuación.

Documentación necesaria
-    Formulario da solicitude debidamente enchido. (Nome e apelidos ou razón social ou denominación completa, número de identificación fiscal e enderezo fiscal do obrigado ao pago e, no seu caso, da persoa que o represente, identificación da débeda cuxo aprazamento ou fraccionamento se solicita, indicando a o menos o seu importe, concepto e data de finalización do prazo de ingreso en período voluntario, indicarase as causas que motivan a solicitude, deberá xustificarse a existencia de dificultades económico- financeiras que lle impidan de forma transitoria efectuar o pago no prazo establecido, se fará constar os prazos e demais condicións do aprazamento ou fraccionamento que se solicita, e finalmente lugar, data e sinatura da persoa solicitante).
-    Impreso de liquidación ou autoliquidación en modelo oficial.
-    Acreditación da titularidade da conta bancaria.
-    Documento e/ou xustificantes da motivación que se alega e que considera oportunos en apoio do pedimento.
-    Compromiso formal e irrevogable da entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca de formalizar o aval ou certificado de seguro de caución para o caso en que se conceda o fraccionamento ou aprazamento solicitado.
-    Documentos que acrediten a representación (no caso que se actúe a través de representante).
-    Plan de pagos.
-    Garantía que se ofrece conforme a o disposto no artigo 82 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeneral tributaria.
-    No caso de solicitar dispensa de garantía, alegaranse os motivos e achegarase a seguinte documentación:
o    Declaración responsable e xustificación documental manifestando carecer de bens ou non posuír outros que os ofrecidos en garantía.
o    Xustificación documental da imposibilidade de obter aval de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca ou certificado de seguro de caución, na que consten as xestións efectuadas para a súa obtención.
o    Balance e conta de resultados dos tres últimos anos e informe de auditoría, se existe, no caso de empresarios ou profesionais obrigados por lei a levar contabilidade.
o    Plan de viabilidade e calquera outra información que xustifique a posibilidade de cumprir o aprazamento ou fraccionamento solicitado.
Cando se solicite a admisión de garantía que non consista en aval de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca ou certificado de seguro de caución, achegase, xunto á solicitude de aprazamento ou fraccionamento e aos documentos a antes mencionados a seguinte documentación:
-    Declaración responsable e xustificación documental da imposibilidade de obter dito aval ou certificado de seguro de caución, na que consten as xestións efectuadas para a súa obtención.
-    Valoración dos bens ofrecidos en garantía efectuada por empresas ou profesionais especializados e independentes. Cando exista un rexistro de empresas ou profesionais especializados na valoración dun determinado tipo de bens, a valoración deberá efectuarse, preferentemente, por unha empresa ou profesional inscrito en dito rexistro.
-    Balance e conta de resultados do último exercicio cerrado e informe de  auditoría, se existe, en caso de empresarios ou profesionais obrigados por lei a levar contabilidade.

Información
O importe da garantía ofrecida deberá cubrir: O importe da débeda en período voluntario, dos xuros de mora que xere o aprazamento ou fraccionamento e un 25 por cento da suma de ámbalas dúas partidas.
A garantía deberá formalizarse no prazo de 2 meses contados a partires do día seguinte ao da notificación do acordo de concesión cuxa eficacia quedará condicionada a dita formalización.
Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na normativa ou  non se achegan os documentos citados nos apartados anteriores, o órgano competente para a tramitación do aprazamento ou fraccionamento requirirá ao solicitante para que, nun prazo de 10 días contados a partires do seguinte ao da notificación do requirimento, subsane o defecto ou achegue os documentos con indicación de que, de non atender o requirimento no prazo sinalado, terase por non presentada a solicitude e se arquivará sen mais trámite.
Non procederá a subsanación se non se achega xunta á solicitude de aprazamento ou fraccionamento a autoliquidación que non obre en poder da Administración. Neste caso, procederá a inadmisión conforme a o previsto no artigo 47 do Regulamento xeral de recadación.
Se a solicitude de aprazamento ou fraccionamento fose presentada en período voluntario de ingreso e o prazo para atender o requirimento de subsanación finalizase con posterioridade ao prazo de ingreso en período voluntario e aquel non fose atendido, iniciarase o procedemento de constrinximento mediante a notificación da oportuna providencia de constrinximento.
Cando o requirimento de subsanación fose obxecto de contestación en prazo polo interesado pero non se entendan subsanados os defectos observados, procederá a denegación da solicitude de aprazamento ou fraccionamento.
Poderá acordarse a denegación cando a garantía aportada pola persoa solicitante fora rexeitada anteriormente pola Administración tributaria por falta de suficiencia xurídica ou económica ou por falta de idoneidade.
Cando se considere oportuno a efectos de dictar resolución, se poderá requirir ao solicitante a información e documentación que considere necesaria para resolver a solicitude de aprazamento ou fraccionamento e, en particular, a referente á titularidade, descripción, estado, cargas e utilización dos bens ofrecidos en garantía.

• O fraccionamento concederase, de ser o caso, por un período máximo de 18 meses en prazos mensuais ou bimensuais.
• O aprazamento concederase, de ser o caso, por un período máximo de 18 meses.
• As cantidades aprazadas sempre producen xuros de mora. Cando a totalidade da débeda aprazada ou fraccionada sexa garantida con aval de crédito solidario en entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca ou seguro de caución, o xuro de mora esixible será o xuro legal que corresponda ata a data do seu ingreso (artigos 26 e 65.4 da Lei Xeral Tributaria e 53 do Regulamento Xeral de Recadación).
• Non son aprazables as seguintes débedas:
•    As que se exaccionan por medio de efectos timbrados
•    As de contía inferior a 300,00 €
•    As de vencemento periódico e notificación colectiva (recibos de padrón)
•    As suspendidas, por iniciativa de parte, cando recaera sentenza firme en contra
• Non se esixe garantía se o solicitante é unha administración pública ou se a débeda que se pide aprazar ou fraccionar é inferior a 1.500,00€.

Tramitación
As solicitudes de aprazamento ou fraccionamento dirixiranse ao órgano competente para a súa tramitación dentro dos prazos seguintes:
-    Débedas que se atopen en período voluntario de ingreso ou de presentación das correspondentes autoliquidacións: dentro do prazo fixado para o ingreso no artigo 62.1, 2 e 3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, ou na normativa específica. A estes efectos, no caso de débedas resultantes de autoliquidacións presentadas fora de prazo, só se entenderá que a solicitude se presenta en período voluntario cando a solicitude de aprazamento ou fraccionamento se presente xunta coa autoliquidación extemporánea.
-    Débedas que se atopen en período executivo: en calquera momento anterior á notificación do acordo de enaxenación dos bens.

• O expediente resólvese cun acordo do Concelleiro de Medio Ambiente Urbano e Facenda, que se lle notifica ao solicitante no seu domicilio. O prazo máximo para resolver o expediente é de seis meses.

Preséntase en
Rexistro Xeral
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.:
Fax: 986 862 590
Horario: De luns a sábados (agás festivos), de 9:00 a 13:30 horas. Os sábados non se compulsan documentos.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro.

Solicítase e tramítase en
Recadación voluntaria (atención ao contribuínte)
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.: 986 843 295
Fax: 986 860 571
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:30 h.

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.
•    Mod 860 Solicitude de aprazamento/fraccionamento

Normativa
•    Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria
•    Real decreto 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación
•    Bases de execución do Orzamento municipal
 

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 22.10.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 16.05.2008 polo Concello de Pontevedra.