Pontevédrate...

Da igrexa de San Domingos, do S XIV, só nos queda o ábside gótico. As popularmente coñecidas como ruinas son Monumento Histórico Artístico desde 1895

Reclamacións e recursos

A atención ao público dos servizos de Xestión Tributaria, Inspección Tributaria, Recadación e Tesouraría facilita a axuda necesaria para realizar a formulación de reclamacións, recursos e queixas derivadas das actuacións emprendidas por algún destes servizos do Concello. Así como asesorará sobre os dereitos e garantías que asisten ao contribuínte. Así mesmo, atende a presentación dos recursos que correspondan contra actos administrativos de liquidación, recadación e inspección.

Preséntase en:
Rexistro Xeral
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.: 986 804 234
Fax: 986 862 590
Horario: De luns a sábados (agás festivos), de 9:00 a 13:30 horas. Os sábados non se compulsan documentos.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro.

Tramítase en:
No servicio ao que vaia dirixido, ou ao que corresponda.

Normativa reguladora:
• R.D. Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, texto refundido da lei das facendas locais.
• Ordenanzas fiscais municipais.
• Lei 58/2003 de 17 de decembro, Lei xeral tributaria.
• Lei 30/92 de 26 de novembro, do Réxime xurídico e procedemento administrativo común.
• Lei 7/1985 de Bases de réxime local.
• Lei 57/2003 de 16 de decembro de Medidas de modernización do goberno local.
• Regulamento orgánico do Tribunal Económico- administrativo do Concello de Pontevedra

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 22.10.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 16.05.2008 polo Concello de Pontevedra.