Pontevédrate...

O Concello é un edificio de Alejandro Sesmeros de finais do século XIX, construído sobre as antigas Casas do Concello (Séculos XV e XVI)

Pagamento de recibos

O pagamento dos recibos e liquidacións pódese realizar mediante pagamento a través de:

- a nosa oficina virtual.
- nos caixeiros automáticos habilitados,
- domiciliación bancaria ou,
- presencialmente nas entidades financeiras colaboradoras coa recadación, e que se indican no impreso do recibo.

Domiciliacións Bancarias
Supoñen a orde, a unha entidade bancaria, de pagamento de ingresos municipais con cargo á conta do solicitante.Advertencias
As domiciliacións terán validez por tempo indefinido, se ben os solicitantes poderán anulalas en calquera momento. Tamén poderán trasladalas a outros bancos ou caixas de aforros, poñéndoo en coñecemento do Concello de Pontevedra antes da data límite que se sinala no punto prazo de presentación.

A domiciliación deixará de ter validez cando sexa anulada polo interesado, cando sexa rexeitada pola entidade de depósito ou cando o Concello dispoña expresamente a súa invalidez por razóns xustificadas (pola desatención en dúas veces consecutivas da domiciliación por causas imputables ao solicitante), así cando troque calquera dato do suxeito pasivo ou do obxecto tributario.

Prazo de presentación. Establécese como data límite para a admisión das solicitudes de domiciliación dous meses antes do comezo do período de recadación voluntaria a partir do que producirán efecto. Calquera solicitude presentada fóra de prazo producirá efectos para o exercicio seguinte.

Solicítase e preséntase en
O Rexistro Xeral
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.: 986 804 300 (Ext. 4234)
Fax: 986 862 590
Horario: De luns a sábados (agás festivos), de 9:00 a 13:30 horas. Os sábados non se compulsan documentos.

No banco ou caixa onde se domicilie o pagamento (as entidades financeiras remítenas ao Concello).

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro.


Tramítase en
Recadación voluntaria
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.: 986 843 295
Fax: 986 860 571
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:30 h.

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.
• Mod. 800 Solicitude de domiciliación bancaria
• Mod. 801 Anulación de domiciliación bancaria.


Advertencia
No caso de extravío do recibo antes ou despois do pagamento, poderá solicitar un duplicado do recibo na Oficina de recadación voluntaria que lle será facilitado no momento do seu requirimento, ou ben a través desta páxina web (prema na opción recibos duplicados para o pagamento)

Consulte as datas de pagamento dos recibos en Calendario do contribuínte, nesta mesma sección

Normativa reguladora
Ordenanza fiscal municipal de cada tributo

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 14.08.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 20.05.2008 polo Concello de Pontevedra.