Pontevédrate...

O Museo de Pontevedra ten importantes coleccións de acibeches composteláns e cerámica popular galega, así como de Sargadelos

Declaración para o pago do imposto sobre Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana (Plusvalías)


Solicitude para autoliquidar o imposto sobre o incremento dos terreos de natureza urbana.Dirixido a
O obrigado ao pagamento será:
a.    Nas transmisións inte rvivos a título oneroso, o suxeito pasivo será sempre o transmitinte, con independencia de calquera pacto estipulado na escritura pública.
b.    Nas transmisións inter vivos a título gratuíto, o suxeito pasivo será sempre o adquirente, con independencia de calquera pacto estipulado na escritura pública.
c.    Nas transmisións mortis causa, o suxeito pasivo é o herdeiro, legatario ou a comunidade de herdeiros.
d.    Substituto do contribuínte: nas transmisións a título oneroso, se o transmitinte é unha persoa física non residente en España, o adquirente é o substituto do contribuínte.

Prazo de presentación da declaración:
-    Cando se trate de actos inter vivos, trinta días dende a data de transmisión da propiedade do terreo ou da constitución ou transmisión de calquera dereito real de goce limitativo do dominio sobre o terreo.
-    Cando se trate de actos mortis causa, seis meses prorrogables a un ano a solicitude do suxeito pasivo, dende a data de transmisión da propiedade do terreo ou da constitución ou transmisión de calquera dereito real de goce limitativo do dominio sobre o terreo.

Normativa reguladora:
•    Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais
•    Ordenanza fiscal  reguladora do imposto sobre o aumento de valor dos terreos de natureza urbana

Solicítase e preséntase en:
Rexistro Xeral
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.: 986 804 300 (Ext. 4234)
Fax: 986 862 590
Horario: De luns a sábados (agás festivos), de 9:00 a 13:30 horas. Os sábados non se compulsan documentos.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro.

Tramítase en (función da compensación solicitada)
Xestión Tributaria
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.: 986 804 300 (Ext 4264)
Fax: 986 804 328
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:30 h.

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.
•    Mod. 830 declaración tributaria do IIVTNU (plusvalía)

 

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 18.06.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 16.05.2008 polo Concello de Pontevedra.