Pontevédrate...

A finais do século XIX Pontevedra transformouse profundamente con grandes espazos abertos como a Alameda, As Palmeiras ou a Estación de Campolongo, donde hoxe está a Praza de Galiza

Comunicación de conta bancaria

Con este impreso solicitará que calquera pagamento que lle teña que realizar o Concello, se ingrese na conta bancaria cuxos datos detalle na solicitude.
Dirixido a
Ao interesado que:
-    ten facturas ao seu favor pendentes de pago polo Concello por ser provedor seu, e quere comunicar unha conta nova.
-    ten un dereito de devolución de ingresos indebidos.
-    ten recoñecida a devolución dunha fianza constituída en metálico, etc..

Documentación necesaria
O modelo de solicitude debidamente cumprimentado, achegando a documentación que nel se pide.

Advertencias
O documento terá validez por tempo indefinido, se ben, o interesado poderá modificalo en calquera momento, producindo efectos a partires do día seguinte da presentación do impreso no rexistro xeral do Concello.

Preséntase en
Rexistro Xeral
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.: 986 804 234
Fax: 986 862 590
Horario: De luns a sábados (agás festivos), de 9:00 a 13:30 horas. Os sábados non se compulsan documentos.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro.

Tramítase en (función do que se trate)
Xestión Tributaria (só para devolucións de ingresos indebidos)
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.: 986 804 300 (Ext 4269)
Fax: 986 804 328
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:30 h.

Tesouraría e Recadación voluntaria
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.: 986 843 295
Fax: 986 860 571
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:30 h.

Contabilidade (se se trata de provedores e traballadores do Concello)
Enderezo: Praza de España s/n Casa Consistorial
Tel.: 986 804 300 (Ext. 4215)
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:30 h.


Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.
•    Mod 871 Comunicación de conta corrente

 

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 15.08.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 16.05.2008 polo Concello de Pontevedra.