Pontevédrate...

O Convento de Santa Clara edificouse extramuros, na parte exterior da porta de Santa Clara, no Camiño de Castela

Directrices territoriais

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda solicitou ao Concello de Pontevedra unha achega sobre as ideas municipais para integrar nun documento denominado Directrices para a Ordenación do Territorio de Galiza.

Trátase dunha relación e breve descripción dos principais proxectos que se desenvolven ou están previstos no futuro, cunha vocación transformadora da cidade e do seu ámbito de influencia. A Xunta está a valorar a súa incorporación ao documento que recolla as devanditas Directrices.

O documento foi elaborado pola Oficina Técnica de Medio Ambiente, Infraestruturas e Enxeñería (OTMAIE).

O traballo realizado parte do Avance de Directrices de Ordenación do Territorio de inicios de 2005 e das propostas alí recollidas, tanto as xenéricas como as específicas contempladas no seu capítulo 5: a área metropolitana Vigo-Pontevedra, e dá por reproducidas as alegacións presentadas polo Concello a aquel Avance.

Posicionamento xeral

Dentro da área económica e demográficamente máis puxante de Galiza, Pontevedra e a súa áea deben reforzar no futuro dous aspectos fundamentais que constituirían o seu posicionamento básico:

Por un lado a calidade urbana, ambiental e de vida entendida como unha cidade á medida das persoas, cunha calidade ambiental elevada, unhas paisaxes urbanas e rurais coidadas e recuperadas, uns activos patrimoniais e ambientais postos en valor, unha cidade accesibel para todos e todas, segura en todos os seus aspectos, especialmente no tráfico.

Asociados con este posicionamento hai múltiples proxectos en marcha: accesibilidade universal (amplamente recoñecida), seguridade vial (con éxitos como mortalidade nula no viario municipal), recuperación ambiental, especialmente da ría, e patrimonial, etc.

Por outro lado, unha economía moi diversificada con primacía do sector terciario, coa impulsión dos proxectos correspondentes que detallamos máis adiante.

Base productiva

Aposta pola diversificación, en todos os sensos, e pola referencia do seu ámbito de influencia.

— Sector primario. Recuperación e transformación do monte rachando coa dependencia da industria de primeira transformación e das especies de crecemento rápido, cunha diversificación dos usos do monte. (Plan Monte Vivo). Recuperación parcial dos usos agrícolas, en especial vitivinícola, inclusión na denominación de orixe Rías Baixas, e horticultura. Potenciación da pesca e marisqueo, con grande potencialidade de futuro, dado que os fondos das rías de Pontevedra e Vigo están no Concello de Pontevedra. Aínda que Pontevedra e o seu entorno ten potencialidades para a explotación da pedra tipo país non se opta pola súa potenciación pola incompatibilidade coa calidade ambiental.

— Sector secundario. Potenciación da automoción coas empresas auxiliares de Citroën (varias xa instaladas no Concello de Pontevedra). Construcción e promoción. Rebaixa do peso do sector de transformación de madeira (desaparición da fábrica de taboleiros, TAFISA, e traslado de ENCE pola súa radical incompatibilidade coa calidade urbana e ambiental).- Fomento da diversificación industrial coa dotación dunha rede de parques industriais na área de Pontevedra: Campiño, Barro-Meis, Caeiro, Fraga-Moreira ..., que xunto aos contemplados no avance do novo PXOM de Pontevedra, constitúen un equipamento industrial variado e con perspectiva de futuro.

— Sector terciario. Impulso do turismo coa oferta cultural, museística e patrimonial de Pontevedra e a súa comarca, con mención especial ao Camiño Portugués. Mellora da calidade dos servizos e do atractivo urbano. Cidade administrativa. Potenciación dun modelo de comercio compatible có dinamismo do tecido urbano (restricción das grandes superficies).

Medio ambiente

— Medio Ambiente Urbano:
aposta decidida pola calidade urbana en toda a súa extensión cidade acolledora, con calidade de vida. Recuperación do bordo marítimo e do dominio público marítimo-terrestre urbano, con especial mención á recuperación da marisma de Lourizán.

— Medio Ambiente Natural: Mellora ambiental do monte, dos ríos, das rías, e, en xeral, do rico patrimonio ambiental do Concello e a súa área. A inclusión de Tambo dentro do Parque Nacional Illas Atlánticas, A ampliación do sistema verde metropolitano, coa inclusión da Xunqueira do entorno do Lérez, da Illa de Tambo, da enseada de Lourizán e dos parques forestais.

— Abastecemento de Auga a Pontevedra e concellos ría: mediante convenio a subscribír coa Confederacion Hidrográfica do Norte, por un importe total de 36 millóns de euros.

Infraestruturas metropolitanas

— Ferrocarril: Eixo Atlático de Alta Velocidade,
Ave por Cerdedo, implantación do tren de proximidade.

— Sistema viario: Achégase en plano aparte e, en relación có Avance, apararecen como novidades a A-57 ata Curro, a circunvalación de Pontevedra, a ronda urbana, a variante Norte e a conexión da variante de Marín con Praceres.

— Traslado peaxe Alba cara o Norte e ampliación do treito libre de peaxe. Estudo das conexións coa PO-531 e nova ronda urbana.

— Reixertar a alternativa 5 da conexión da A-57 coa rede arterial de Vigo para evitar o destrozo do fondo da ría de Vigo, impacto que contradiría o posicionamento xeral de calidade ambiental e paisaxística.

— Xerarquización do viario e adaptación á realidade, especialmente tendo a progresiva transformación das estradas tradicionais moi cargadas de residencia e actividade económica en vias de funcionalidade fundamentalmente urbana, mediante a súa transformación en eco-bulevares, nomeadamente a PO-546, a PO-12, PO-308, PO-531, N-541, N-550 Norte e Sur. Parte delas xa están neste proceso de transformación.

— Tráfico marítimo, ademais do contemplado no Avance, en relación có Porto de Marín-Pontevedra, preténdese recuperar a conexión directa de Pontevedra coa creación da Estación Marítima das Corbaceiras (en proxecto por parte de Portos de Galiza).

 

O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 20.02.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 28.05.2008 polo Concello de Pontevedra.