Pontevédrate...

Os escudos que aparecen na fachada do Pazo de Mugartegui son os das familias Figueroa, Araúxo, Miranda e Quirós. Coroando o edificio existe un magnífico reloxo de sol

Auga potábel para a comarca

En maio de 2008 o Concello de Pontevedra presenta a outros concellos da ría e a comarca os plans de mellora do abastecemento de augas, que consisten en garantir este servizo con auga captada do río Lérez para os vindeiros 30 anos.

Trátase dunha gran obra enmarcada nos plans hidrolóxicos do Estado. De momento non está completamente definido, pero a solución máis óptima consistiría en incrementar a actual captación de auga no Lérez e bombeala a un depósito situado nunha cota máis alta da actual, en Gavián, perto do Pontillón do Castro, para acto seguido distribuila aos municipios que desexen unirse ao novo sistema.

As obras costarán uns 37 millóns de euros.

O actual sistema de captación de auga potábel do Lérez abastece aos concellos de Pontevedra, Bueu, Marín, Poio e Sanxenxo, pero cóntase coa incorporación de outros municipios da Comarca.

 

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 20.02.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 18.05.2008 polo Concello de Pontevedra.