A cidade é o centro da ampla comarca central das Rías Baixas, e a xestión dos principais asuntos de relevancia extra local abórdanse cunha óptica comarcal, xa que na capital teñen a súa sede numerosos equipamentos de ámeto provincial ou comarcal.
A cooperación con outros concellos materialízase en proxectos como o Proder ou o Lider (desenvolvemento rural) ou no ámeto do turismo (Mancomunidade Terras de Pontevedra), que xestional importantes proxectos para o interés común da cidadanía.
Ademáis tamén forma parte do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, un conxunto de máis de 30 concellos de Galiza e Norte de Portugal.
Hoxe é 21.05.2012 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 21.05.2012 polo Concello de Pontevedra.