Pontevédrate...

Un senlleiro conxunto arquitectónico de principios do século XX confórmano o Concello, o Instituto Valle-Inclán, a Deputación, a antiga sede de Educación, Alameda e xardíns de Vicenti e As Palmeiras

O Padrón

¿Qué e o Padrón Municipal de Habitantes?

  • O Padrón Municipal de Habitantes é o rexistro administrativo onde constan os veciños dun municipio. (art. 16 da lei 7/1985, de 2 de abril reguladora das bases de réxime local).

¿Quén se ten que empadroar?

  • Toda persoa que resida en España ten a obriga de empadroarse no municipio onde resida habitualmente. (art. 15 da lei 7/1985, de 2 de abril reguladora das bases de réxime local).

¿Por que hai que empadroarse?

  • Porque os datos contidos no padrón constitúen proba da residencia no municipio e do domicilio habitual no mesmo (art. 16 da lei 7/1985, de 2 de abril reguladora das bases de réxime local)

¿Cómo teño que empadroarme?

  • Presencialmente, acudindo ó seu Concello coa solicitude debidamente cuberta e asinada e coa documentación requirida.

¿Ten algún custo?

  • Gratuito.

¿Onde podo atopar a solicitudes?

  • Nas oficinas do Padrón de Habitantes, situadas na rua Michelena 30, baixo.
  • No rexistro xeral de entrada de documentos do Concello (Michelena, nº 30)

¿Cómo debo cubrir a instancia?

a. No caso de cubrir a instancia a man: (instancia autocopiativa)
- Escriba con bolígrafo en letras maiúsculas. Indique con claridade todos os datos que corresponden a cada unha das persoas que se inscriben na folla.
- Non cubra os espacios sombreados.
- Na casilla “Tipo de alta” deberá por:

  • Alta por nacemento: se é un nacemento recente.
  • Alta por cambio de residencia: se se traslada doutro municipio, neste caso deberá cubrir tamén o espacio do “municipio ou consulado de procedencia” e “provincia ou país de procedencia”
  • Cambio de domicilio: se modifica o seu enderezo dentro do mesmo municipio.
  • Alta por omisión: Aquelas persoas que descoñezan o seu municipio de procedencia ou ben non estiveran empadroados xamais.

b. No caso de cubrir a instancia no ordenador (PDF)

  • Nas casillas sinaladas cunha frecha proceder a desplega-lo menú.
  • Soamente deberá cubrir os datos na primeira das follas da instancia, automáticamente se encherán os datos no resto das follas.

¿Quén ten que asina-la instancia?

  • Todas as persoas maiores de idade que se inscriban así coma os menores emancipados.
  • Se a inscripción padroal é nun domicilio no que xa constan veciños empadroados, as novas incorporacións deberán ser autorizadas por unha persoa maior de idade previamente empadroada (autorización xa incorporada na mesma solicitude).

¿Qué documentación teño que achegar?

  • Folla de inscrición padroal debidamente cumplimentada e asinada (todas as follas, no caso das instancias non autocopiativas.)
  • Fotocopia do documento que acredite a identidade das persoas inscritas (DNI, Pasaporte, tarxeta do estranxeiro en vigor e para os menores de 16 anos ademais do libro de familia).
  • Fotocopia do documento que acredite o uso da vivenda (escritura de propiedade, contrato de compra-venda ou arrendamento en vigor, contrato ou factura expedida por compañía subministradora de telefonía fixa, auga electricidade, gas, etc…), preferiblemente algún documento onde se acredite a referencia catastral do inmoble (Recibo do IBI.)
  • Se se cumplimenta a autorización incorporada á solicitude deberase achegar fotocopia do DNI do autorizante.
  • Nota: Prégase que as fotocopias sexan en tamaño A4 e por unha soa cara.

¿Teño que solicita-la baixa no padrón no municipio de procedencia?

  • Non, unha vez empadroado, o teu concello o comunicará, vía o Instituto Nacional de Estadística, ó concello de procedencia para proceder á túa baixa no seu padrón.
  • No caso de españois que retornen do estranxeiro é moi útil que traian consigo a baixa consular, xa que esta baixa seralle moi necesaria, non so para o empadroamento senón para diversos trámites administrativos.

¿Pode un menor empadroarse so ou con outras persoas que non sexan os seus pais?

  • Os menores de idade non emancipados e os maiores incapacitados terán a mesma vecindade que os pais que teñan a súa garda e custodia, ou, no seu defecto, dos seus representantes legais, salvo autorización por escrito de éstos para residir en outro municipio. … (art. 54.2 do Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais)
  • Nota: Recoméndase nestos casos porse en contacto cos xestores do padrón para saber que documentación hai que achegar.

¿É o mesmo o Padrón Municipal de Habitantes que o Censo Electoral?

  • Como xa dixemos o Padrón Municipal de Habitantes é o rexistro administrativo onde constan os veciños dun municipio.
  • O Censo Electoral e o rexistro de cidadáns con dereito o voto. Este rexistro fórmase da información subministrada, entre outros, polos movementos dos Padróns Municipais de Habitantes. O Censo Electoral é permanente e a súa actualización é mensual.
    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 18.09.2014 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 16.11.2010 polo Concello de Pontevedra.