PONTEVEDRA
As árbores da cidade
Flora ornamental arborescente
do núcleo urbano de Pontevedra
Febreiro 2010

Pontevedra é un grande berce de pedra no que se combinan arquitecturas, engaiolantes lugares, estupendas paisaxes urbanas e unha espléndida colección de árbores e arbustos que engalanan os nosos parques e xardíns, prazas e rúas.

Árbores que nos axudan a vivir e tamén a percibir máis rica e agradábel a nosa cidade, tal e como recolle este pormenorizado guieiro das principais especies arbóreas da Boa Vila.