Actualízate

20 de Agosto de 2017 Pontevedra

Obras

O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón

24 de Febreiro de 2015

O concelleiro delegado da parroquia de Marcón, Demetrio Gómez manterá esta tarde sendas reunións co Claustro e coa Ampa do Colexio de Marcón para presentarlles o proxecto de seguranza viaria que o Concello quere facer no ámbito do centro. Na actualidade existe un problema de seguranza no espazo no que aparcan desordenadamente autobuses escolares e coches particulares, supoñendo un grave perigo para os escolares.
Ante esta situación, o Concello seguindo as propostas da Policía Local, reordenará os fluxos de tráfico no ámbito do colexio, afectando tamén ao pavillón de deportes e ao campo de fútbol.
O propósito é crear un carril de sentido único no espazo no que os autobuses e os vehículos particulares estacionan na actualidade para recoller aos nenos. Farase un carril de servizo arredor dunha isleta na que haberá unhas poucas prazas de estacionamento.
Arredor do colexio, o Concello habilitará un percorrido peonil bolardeado para garantir a seguridade dos nenos, e que poidan ir sós ao centro, se así o desexan.
Ademais, o Concello chegou a un acordo coa Comunidade de Montes para que cedera unha parcela anexa ao actual estacionamento do campo de fútbol, que se adecentará para convertirse en aparcamento para os vehículos particulares. Os pais poderán achegarse ao centro pola senda peonil que se habilitará entre o campo de fútbol e o aparcamento do colexio.
Esta actuación completarase coa instalación dun lombo nas proximidades do Pavillón parroquial.
O concelleiro Demetrio Gómez fará esta proposta á comunidade escolar para que a estuden e fagan as achegas que consideren. O propósito é poder facer esta actuación neste curso escolar.

Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Comezan as obras para mellorar a rede de abastecemento na rúa Alemaña
O Concello estuda unha gran actuación no ámbito de Otero Pedrayo
Obras de seguranza viaria no ámbito das pontes, e transformación na avenida da Estación
Esta semana comezarán as obras da avenida da Estación
O Concello retoma todas as obras municipais na cidade logo das vacacións de Nadal
Case 300.000 euros para mellorar a iluminación e a mobilidade na marxe dereira do río
Comeza a instalación doutros dous novos pasos elevados na avenida de Compostela
Lores e Miguel Filgueira visitan Covadáspera para abrir un restaurado vial
Obras de mellora da accesibilidade na Seca e na avenida de Compostela
Pavimentación da rúa Otero Pedrayo
28 de Xullo de 2014

Mañá comezan traballos de pavimentación na rúa Otero Pedrayo. Cabe lembrar que recentemente a empresa distribuidora do

Empezan as obras do estacionamento disuasorio do barrio do Burgo
31 de Outubro de 2013

O Concello de Pontevedra inicou hoxe os traballos de acondicionamento do novo estacionamento disuasorio no barrio do Burgo, na parcela anexa a

Pavimentacións, reparacións de beirarrúas e a actuación de Benito Corbal, para despois da Feira Franca
19 de Xullo de 2013

O Concelleiro delegado da área urbana e de accesibilidade, Luís Bará presentou esta mañá un programa de obras de

Reparación de lastros na rúa Riestra
15 de Xaneiro de 2013

A empresa Crespo inicia nestes días traballos de reparación de lastros na rúa Riestra, no tramo comprendido entre as

O Concello esixe a Fenosa que axilice os traballos en Eduardo Pondal e Virxe do Camiño
04 de Xuño de 2012

A Concellaría de Accesibilidade a Mobilidade esixiu esta mañá á empresa Fenosa que axilice as obras que está a

Reposición dos pavimentos de formigón no Salgueiriños
07 de Marzo de 2012

Esta semana comezaron os traballos de reparación dos pavimentos de formigón do barrio dos Salgueiriños que se están a

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 20.08.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 20.08.2017 polo Concello de Pontevedra.