O Pazo da Cultura acolle dende hoxe e ata o domingo as VII Xornadas agrarias sobre Viticultura e mercados organizadas pola Asociación Galega de Viticultura en colaboración co departamento de Consumo do Concello de Pontevedra, que xestiona Anxos Riveiro.
Estas xornadas comezaron na década dos 80 e foron un referente de debate do eido da agricultura, gandeiría, do viño… Logo dunha longa etapa de ivernación, o pasado ano recuperáronse para abordar o mundo do gando en Melide. Esta fin de semana volve a sentarse o sector para tratar o eido do viño e os mercados.
O propósito destas xornaas é xuntar a unha mostra cualitativamente representativa dos diferentes axentes (viticultura, cooperativas, enoloxía, sumilleres…). Todos eles forman parte da fileira deo viño que vai desde a cepa ao consumidor de calquera recanto do mundo.
Nesta consciencia de filera se encadran as estratexias cara a sinerxia e a colaboración para mellorar a posición dos nosos viños nos diferentes escenarios de venda e consumo.
Como expresión práctica haberá ao fin das xornadas un Túnel do viño, con máis de 60 marcas pertencentes a 30 adegas de todo o país.
As xornadas comeza esta tarde e continuarán durante a xornada do sábado en sesións de mañá e tarde.
O Túnel do viño abrirase o sábado de 19.30 a 22.30 horas, e o domingo de 10.30 a 13.30 horas. A entrada será de 3 euros.
Todo o que arrodea ás técnicas de compostaxe será obxecto dunhas xornadas informativas que se realizarán
Esta semana comeza o Curso de Formación para obtención do carné de manipulador-aplicador de productos fitosanitarios (nivel
O alcalde e a tenente de alcalde recibiron esta semana a responsables da Confraría de Pescadores Santo André de Lourizán que querían coñecer a postura
Un total de 25 traballadores do cadro de persoal do Concello secundaron a folga.O Concello de Pontevedra conta cunha plantilla total de 502
A Xunta de Goberno desta semana aprobou o primeiro paquete de actuacións de emerxencia para paliar os danos causados
O Concello acaba de editar o novo calendario de 2011 que ven facendo nos últimos anos e nos que amosa perspectivas
Hoxe é 16.02.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 16.02.2019 polo Concello de Pontevedra.