Actualízate

12 de Decembro de 2017 Pontevedra

Infraestruturas

O biólogo Ramón Plana, primeiro experto que falará en Pontevedra da compostaxe

30 de Xaneiro de 2015

O experto biólogo Ramón Plana ofrecerá o vindeiro luns, 9 de febreiro, a partir das 20.00 horas unha conferencia sobre a compostaxe no Teatro Principal. É a primeira das conferencias organizadas polo Concello de Pontevedra para dar información á cidadanía en xeral sobre o proceso de compostaxe, os diferentes tipos de plantas, as vantaxes e desvantaxes deste tipo de procesos...
O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera explicou esta mañá que se chegou ao acordo coa Deputación de Pontevedra de iniciar este ciclo de conferencias para ir resolvendo a suposta falta de información que veñen reclamando diversos colectivos sociais sobre estes procesos de tratamento do lixo orgánico.
Será a Deputación a que dea a información concreta sobre a planta que se quere instalar nos terreos da comunidade de montes da Canicouva, unha vez que se remate o estudo de viabilidade que se está a realizar.
Para iniciar este ciclo de conferencias -que terá continuidade sempre que exista un aforo suficiente de público-, o Concello escolleu a un experto de primeiro nivel, formado en Galiza que traballa na actualidade en proxectos de Portugal, Sudamérica e no resto do Estado español. Ademais, Ramón Plana solicitoulle ao Concello a posibilidade de estar un par de días máis no concello para coñecer de primeira man os avances nesta planta.
O plantel do ciclo completarase con xestores, técnicos, e outros expertos vinculados a este mundo.

 

 

A vella ponte do tren en Monte Porreiro a piques de ser cedida ao Concello
Comezan as melloras da avenida da Estación
Comeza a obra para trasladar a Campolongo a estación de control de calidade do aire
A Canicouva, próximo destino da planta de compostaxe
Repaso ao convenio de infraestruturas asinado con Fomento en 2009
Moi avanzadas as obras do novo abastecemento da ría, na marxe dereira
O Concello recibe un borrador de convenio para destinar máis de 40 millóns ao Hospital Monte Carrasco
O Concello pedirá a Fomento crear unha vía verde entre Arcade e Pontevedra
Adxudicación inicial do desdobramento da avenida de Vigo
O primeiro paso de peóns da avenida de Compostela, en setembro
Pequenas suturas ao alcantarillado para eliminar residuos
21 de Maio de 2012

Sete pequenas obras de condución de augas residuais para eliminar verquidos impropios aos ríos cumpriron hoxe o último

O alcalde pedirá medidas de seguridade viaria na nova estrada de Lérez
02 de Febreiro de 2012

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá aos veciños de Lérez para abordar a

O Concello recibe a addenda do convenio de Ministerio de Fomento para o desdobramento da avenida de Vigo
18 de Outubro de 2011

A Comisión de Infraestruturas deu conta esta mañá da addenda ao Convenio co Ministerio de Fomento que formaliza os cambios

O vindeiro día 27 sairá a licitación a mellora do abastecemento de auga potable da ría de Pontevedra
06 de Xullo de 2011

O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera aproveitou esta mañá a súa primeira convocatoria pública no novo Goberno para anunciar a próxima

As obras do túnel do AVE obrigan a pechar ao tráfico Médico Ballina nos vindeiros meses
24 de Xuño de 2011

As obras do AVE ao seu paso por Pontevedra obrigan a pechar a rúa Médico Ballina dende o vindeiro luns, 27 de xuño, a

Os pasos dos Xulgados e de Valdecorvos poderán estar abertos a finais de xullo
07 de Xuño de 2011

O conselleiro de Infraestruturas, César Mosquera informou esta mañá do inicio das obras de demolición de ¼

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 12.12.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 12.03.2009 polo Concello de Pontevedra.