Normalización achega o mundo da micoloxía ao CEIP de Lérez este mércores

65

O CEIP de Lérez acollerá maná un obradoiro micolóxico froito da colaboración entreos ENDL dos centros de ensino da zona norte do concello, coa Concellaría de Normalización Lingüística.

Este obradoiro será impartido por Jaime Blanco Dios (Asociación Micolóxica Brincabois) co fin de ensinar, en galego, as principais especies de cogomelos que medran nos montes, coñecer as especies tóxicas e concienciar aos escolares da importancia da conservación do seu hábitat.

Cada obradoiro comeza cunha charla de introdución ao mundo da micoloxía, unha recollida de cogumelos no monte e, finalmente, a montaxe dunha exposición dos cogumelos recollidos que ficará exposta, en cada un dos centros (EEI de Verducido, CEIP de Santo André de Xeve, CEIP de Lérez e CEIP de Campañó) ata o venres de cada semana. Na tarxeta identificativa dos cogumelos incluirase o nome popular en galego no caso en que se coñeza.

Os obradoiros rematarán o vindeiro martes, 27 de novembro, no CEIP de Parada-Campañó.