EDUCACIÓN

69

 

A educación xoga un papel central na transmisión de valores. Mulleres e homes relaciónanse segundo unhas regras de comportamento que definen, en función do sexo, o que se debe facer e como se debe actuar, o que está permitido e o que non o está.

Estes modos de actuar, definidos pola sociedade e pola cultura dominantes, reciben o nome de roles sociais e limitan o desenvolvemento pleno das posibilidades e potencialidades das persoas, especialmente das mulleres.