Actualízate

20 de Febreiro de 2017Pontevedra

Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás

24 de Febreiro de 2015

“Universitarias na Pontevedra do franquismo” é o título da conferencia que a investigadora da Universidade de Vigo, Victoria Martíns, ofrecerá o vindeiro xoves 26 de febreiro, a partir das 20.00 horas, na Casa das Campás. A actividade divulgativa forma parte do programa “A memoria das mulleres”, que leva a cabo a Concellería de Patrimonio dirixida por Luís Bará.
O relatorio versará sobre as experiencias vitais das mulleres que accederon á Universidade durante a ditadura, co hándicap, como explica Martíns, de que “o franquismo era totalmente reacio á entrada no Ensino Superior das mulleres, ás que durante todo o seu percorrido educativo intentaba modelar coa intención de que asumiran un papel social determinado, afastado do mundo académico e profesional ou, en todo caso, centrado en actividades profesionais ˝adoitadas˝ ao seu xénero”.
Victoria Martíns fai unha interesantísima análise da situación das universitarias nese período, baseándose nas entrevistas que ela mesma realizou no marco do proxecto “Compromiso e Igualdade. Mulleres Universitarias galegas durante o franquismo” da Universidade de Vigo, a fin de trazar o percorrido educativo e profesional de 25 mulleres galegas que cursaron estudios superiores durante esa época. 
Mulleres nacidas nas décadas dos anos vinte, trinta e corenta e pertencentes a distintas ramas do saber, pois como destaca Martíns, a pesar dos condicionantes do rexime, “a presenza das mulleres en carreiras de Ciencias era equiparábel ás de Letras, pois se é certo que había moitas matriculadas en Filosofía e Letras, tamén eran moitas as que elixían Farmacia ou Ciencias”. De feito, propón: Quen coñece a unha historiadora da talla de Marie Curie? Para concluír que o mundo da intelectualidade é sumamente machista, existindo un baleiro do feminino que é preciso encher.
Na conferencia que este xoves impartirá na Casa das Campás, Victoria Martíns fará especial fincapé nas mulleres do seu estudio que naceron en Pontevedra ou que desenvolveron parte da súa actividade vital e profesional nesta cidade.
Curriculum
María Victoria Martíns Rodríguez é licenciada en Historia pola Universidade Complutense de Madrid e ten un master en Historia Contemporánea pola de Vigo. Docente e investigadora, o seu traballo baséase principalmente na historia da muller durante o franquismo, especialmente na represión e nos ámbitos laboral e de ensino. Nestes campos ten varias publicacións e foi ademais coautora do documental Digna Rabia, unha historia das mulleres galegas baixo o franquismo.

 

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
Máis de 300 actividades nunha nova edición do Salón do Libro
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 20.02.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 24.02.2015 polo Concello de Pontevedra.