Reducción do diferencial dos créditos de 2012

108

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores asinou esta mañá o acordo coas entidades bancarias BBVA e Caixabank para diminuir o diferencial dos créditos asinados con estas dúas entidades no ano 2012. 

Segundo explicou esta mañá o alcalde, co BBVA rebaixou o diferencial de 4,291 a 1,90 do crédito de 2.450.000 euros asinado no ano 2012 e até 2022.

Con Caixabank, o diferencial pasou de máis de catro puntos a 2.10 por un millón de euros tamén financiado até o ano 2022.

O alcalde destacou que o aforro global en todos estes anos será de 624.000 euros "que o Concello empregará o mellor posible en beneficio dos cidadáns".