Puta, Burra, Porca… na campaña do 25 de novembro

156

O Concello de Pontevedra pon en marcha o vindeiro día 24 un amplo programa de actividades na campaña do 25 de novembro, Día internacional da loita contra a violencia de xénero.
Segundo a concelleira de Igualdade, Carmen Fouces “atopámonos nun momento de retroceso no ámbito da violencia por onde as mulleres mortas (a última aínda está quente) son a punta de lanza dun grave problema no que hai milleiros de persoas implicadas”. Explicaba a concelleira que “o desenlace da morte ten unha antesala que é o fondo da campaña deste ano: insultos, formas de falar coas mulleres na casa… as veces máis en broma e outras máis severa e agresiva”. Lembraba Carmen Fouces que “todas as mulleres nalgún momento escoitaron ese tipo de frases: sobre a súa forma de vestir; sobre as cousas que temos que facer na casa; ou sobre a súa capacidade intelectual”.
“Chegados a estes límites, cando aparecen sinais evidentes, que a vítima inicie unha nova vida”, concluía.
No programa de actividades da campaña deste ano, Carmen Fouces resaltaba algunhas como a presentación da asociación de mulleres que traballan no ámbito da violencia o próximo día 24 nun acto no Principal, ou do acto do día 27 no que se presentarán as conclusións do programa Namorando, que aborda a violencia nas primeiras relacións sentimentais.

Os actos da campaña do 25 de novembro serán os seguintes:

  • Luns, 24 de novembro, ás 20.30 horas no Teatro Principal. Presentación da Asociación de Mulleres, Actuación musicial, presentación do anuncio da campaña e lectura do manifesto.
  • Martes, 25 de novembro. Ás 12.00 horas na praza 8 de marzo: concentración contra a violencia de xénero da CIG; e ás 20.00 horas na praza 8 de marzo; Concentración contra a violencia do Consello da Muller.
  • Mércores, 26 de novembro. Ás 19.00 horas na Casa das Campás: Entrega dos premios “Ernestina Otero” e proxección do anuncio da campaña.
  • Xoves, 27 de novembro; ás 12.00 hroas no Paraninfo do IES Sánchez Cantón. Presentación do programa de intervención en centros educativos “Namorando”, e interpretación musicial do grupo “Fiancho” do IES Luís Seoane.
  • Domingo, 30 de novembro. 20.00 horas . Teatro Principal. Presentación da obra de teatro do CIM “Ramón, Ramón” e presentación do anuncio da campaña.