Actualízate

20 de Maio de 2013 Pontevedra

Reforma urbana

O modelo urbano chega á Ponte dos Tirantes

10 de Abril de 2013

 Pendente tan só de que o tempo acompañe para acometer remates da obra, como o pintado da sinalización horizontal, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de sostenibilidade dos espazos públicos, Luís Bará visitaron esta mañá os traballos case rematados de mellora da seguranza viaria, da accesibilidade na contorna da Ponte dos Tirantes.
O alcalde amosouse encantado co resultado da obra “coa que resolvemos tres problemas reforzando a seguranza viaria nunhas das zonas con máis accidentes da cidade –incluso algún grave- elevando os pasos de peóns, mellorando as entradas e saídas da rotonda, a sinalización e a iluminación”.
Tamén se mellora a accesibilidade facilitando o paso de persoas en cadeiras de rodas e con mobilidade reducida, e mellorando a mobilidade xeral dando preferencia a peóns, ciclistas e persoas que fan deporte neste ámbito. O alcalde lembrou que este espazo entronca do CGTD e co pantalán que emprega este centro “e créase un circuíto de carreira ou de footing duns 5 km que estará perfectamente sinalizado e que ten a garantía de que se atopa fora dos circuítos dos vehículos, polo que a seguridade vial é total”.
O alcalde explicou que esta intervención na Ponte dos Tirantes “é complementaria ao modelo que estamos a facer, incorporando a decisión política de que Pontevedra sexa unha cidade 30, na que se conxuga a normativa co deseño urbano para que funcione”. Fernández Lores asegurou que esta actuación era necesaria nesta zona que cada vez ten máis uso por ser un ámbito de acceso ao campus, á zona escolar da Xunqueira, á zona deportiva da Xunqueira e tamén á Illa do Cobo.

Comerciantes de Cruz Gallástegui piden a súa peonalización
Lores defende en Madrid o modelo 30 de Pontevedra
Pontevedra participa no debate sobre o futuro da mobilidade
Os Camiños Escolares estenderanse a toda a cidade no vindeiro curso
As obras de emerxencia en Concepción Areal trasládanse á rúa Xofre de Tenorio
Pontevedra expón o seu modelo nas primeiras Xornadas de Mobilidade Sostible da Coruña
Comezan as obras de acondicionamento no primeiro tramo da avenida de Lugo
Melloras no ámbito das rúas das Abilleiras e Fernando III
O Local Social do Burgo, pendente de reparar deficiencias antes acondicionalo
Pontevedra na primeira xornada do movemento 30 km/h
Novas papeleiras para o casco histórico e o ensanche
30 de Xaneiro de 2012

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a compra de 80 novas papeleiras para completar este mobiliario urbano no centro

O Concello activa a nova iluminación de San Antoniño, de tecnoloxía led
14 de Marzo de 2011

O alcalde e o concelleiro de Medio Ambiente Urbano, Raimundo González puxo en marcha a nova iluminación do barrio

Comeza a instalación das Tablets, a nova iluminación do barrio de San Antoniño
10 de Febreiro de 2011

O barrio de San Antoniño cambiará nas próximas semanas toda a súa iluminación pública. Dende hoxe mesmo a empresa

San Antoniño disporá de nova tecnoloxía led para a iluminación pública
27 de Decembro de 2010

O barrio de San Antoniño poderá dispor dunha tecnoloxía novidosa, ecolóxica e eficiente única en todo o concello, e

O alcalde comproba a iluminación de Fernando Olmedo, incluída no proxecto de 2,5 millóns que o Concello inviste en eficiencia enerxética
05 de Novembro de 2010

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores visitou esta mañá a rúa Fernando Olmedo para ver a nova

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 20.05.2013 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 20.05.2013 polo Concello de Pontevedra.