O concello de Pontevedra estará representado esta fin de semana na fase galega do Club de Debate polo equipo gañador na pasada fase de Pontevedra: o IES Sánchez Cantón. O concelleiro de Normalización Lingüística, Demetrio Gómez, asistirá mañá a partir das 10.00 horas no Auditorio de Galicia a esta fase final que debatirá sobre “O galego é unha oportunidade”.
Nesta fase final participarán:
• Comarca de Santiago: CPI Plurilingüe dos Dices-Rois
• Comarca de Ferrol: IES Saturnino Montojo
• Comarca de Pontevedra: IES Sánchez Cantón.
• Comarca de Ourense: CPR María Auxiliadora
• Comarca de Bergantiños: IES Parga Pondal
• Comarca de Vigo: IES Castelao
O equipo que logre o premio final terá a oportunidade de participar nunha viaxe-convivencia dunha fin de semana para un máximo de 25 persoas nun espazo de interese natural e cultural da nosa comunidade.
Recital poético-musical coa poeta Rosalía Fernández Rial e o pianista Serxio Moreira. Na Casa das Campás. o
A programación de Maio, mes da lingua, para o xoves 23 de maio é: • Cine Proxecto Socheo. Na biblioteca pública.
O Concello de Pontevedra acolleu esta mañá o sorteo dos premios do Concurso “Atopa o erro!” organizado polo Centro
A programación de Maio, mes da lingua, para o martes 21 de maio é: • Atopa o erro! Entrega de premios do concurso sobre
A programación de Maio, mes da lingua, para o mércores 15 de maio é: • Programa de radio en directo Letras
A programación de Maio, mes da lingua, para o martes 14 de maio é: • Conferencia “Vidal Bolaño na
Hoxe é 24.05.2013 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 24.05.2013 polo Concello de Pontevedra.