Actualízate

18 de Outubro de 2017 Pontevedra

Patrimonio histórico e cultural

Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás

24 de Febreiro de 2015

“Universitarias na Pontevedra do franquismo” é o título da conferencia que a investigadora da Universidade de Vigo, Victoria Martíns, ofrecerá o vindeiro xoves 26 de febreiro, a partir das 20.00 horas, na Casa das Campás. A actividade divulgativa forma parte do programa “A memoria das mulleres”, que leva a cabo a Concellería de Patrimonio dirixida por Luís Bará.
O relatorio versará sobre as experiencias vitais das mulleres que accederon á Universidade durante a ditadura, co hándicap, como explica Martíns, de que “o franquismo era totalmente reacio á entrada no Ensino Superior das mulleres, ás que durante todo o seu percorrido educativo intentaba modelar coa intención de que asumiran un papel social determinado, afastado do mundo académico e profesional ou, en todo caso, centrado en actividades profesionais ˝adoitadas˝ ao seu xénero”.
Victoria Martíns fai unha interesantísima análise da situación das universitarias nese período, baseándose nas entrevistas que ela mesma realizou no marco do proxecto “Compromiso e Igualdade. Mulleres Universitarias galegas durante o franquismo” da Universidade de Vigo, a fin de trazar o percorrido educativo e profesional de 25 mulleres galegas que cursaron estudios superiores durante esa época. 
Mulleres nacidas nas décadas dos anos vinte, trinta e corenta e pertencentes a distintas ramas do saber, pois como destaca Martíns, a pesar dos condicionantes do rexime, “a presenza das mulleres en carreiras de Ciencias era equiparábel ás de Letras, pois se é certo que había moitas matriculadas en Filosofía e Letras, tamén eran moitas as que elixían Farmacia ou Ciencias”. De feito, propón: Quen coñece a unha historiadora da talla de Marie Curie? Para concluír que o mundo da intelectualidade é sumamente machista, existindo un baleiro do feminino que é preciso encher.
Na conferencia que este xoves impartirá na Casa das Campás, Victoria Martíns fará especial fincapé nas mulleres do seu estudio que naceron en Pontevedra ou que desenvolveron parte da súa actividade vital e profesional nesta cidade.
Curriculum
María Victoria Martíns Rodríguez é licenciada en Historia pola Universidade Complutense de Madrid e ten un master en Historia Contemporánea pola de Vigo. Docente e investigadora, o seu traballo baséase principalmente na historia da muller durante o franquismo, especialmente na represión e nos ámbitos laboral e de ensino. Nestes campos ten varias publicacións e foi ademais coautora do documental Digna Rabia, unha historia das mulleres galegas baixo o franquismo.

 

O drama da Guerra Civil, a represión e a ditadura, no documental
Conferencia de Ana Cabana sobre mulleres e protesta social no franquismo
O CITA pecha as súas portas para realizar traballos de conservación
O Val de Tomeza e Salcedo, os pasos para a súa posta en valor
As mulleres, protagonistas da visita ao cemiterio de San Amaro
Obras de conservación e limpeza de patrimonio hidráulico dos ríos Batán e Gafos
Visita a San Amaro seguindo a Memoria das mulleres
Luís Bará achégase esta tarde a memoria represaliada e resistente en Imaxes da memoria
Homenaxe a concelleiros e persoal do Concello represaliados pola ditadura franquista
Viaxe de coñecemento a Cambados e Noia, este próximo sábado
O Concello pon en valor a riqueza arqueolóxica e etnográfica do Val de Tomeza e Salcedo
13 de Xuño de 2013

O proxecto de Valorización do espazo etnográfico e arqueolóxico do Val de Tomeza e Salcedo é a estrela dos proxectos de

A escola de Lusquiños volve proxectar o documental Terra de Pastequeiros
24 de Maio de 2013

Debido ao éxito da proxección do documental Terra de Pastequeiros, a Concellaría de Patrimonio volve a proxectar

A heterodoxia pontevedresa, derradeira parada dos Roteiros temáticos urbanos
24 de Maio de 2013

Os Roteiros Temáticos Urbanos, organizados pola Concellaría de Patrimonio Histórico, rematan mañá o seu programa

Visita aos enterramentos Neolíticos e da Idade de Bronce de Castiñeiras
24 de Novembro de 2012

A Concellaria de Patrimonio Histórico continúa esta mañá coas xornadas de patrimonio funerario ao longo da historia coa

As xornadas de patrimonio funerario visitan Castiñeiras
23 de Novembro de 2012

A Concellaría de Patrimonio Histórico continúa esta semana coas xornadas de patrimonio funerario ao longo da historia coa

O Concello participa no acto nacional da Memoria histórica de San Simón
13 de Xullo de 2012

Pontevedra estará representada este domingo, 15 de xullo, no acto nacional da Memoria Histórica, organizado pola Coordinadora galega

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 18.10.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 18.10.2017 polo Concello de Pontevedra.