Pontevedra acolle o I Congreso galego de Naturopatía

60

Pontevedra acollerá o vindeiro sábado, 24 de novembro, o I Congreso galego de Naturopatía que estará adicado in memoriam a José Castro, o primeiro naturópato do Estado. Natural de Pontevedra, formado en Uruguay e EE.UU, fundou en 1925 a primeira escola de naturopatía en Barcelona.

O alcalde de Pontevedra recibiu hoxe aos organizadores deste congreso a cargo de Fenaco que tratarán temas como "Menseñeros e naturopatía na sociedade actual", "Similitude na expresión das emocións nas obras de Darwin, de Bach e na consulta", "Naturopatía enerxética: benvido para a adaptación do ancián ao xeriátrico", "Abordaxe de intolerancias alimentarias con ferramentas naturopáticas", "Naturopatía alimentaria: algas, alimento do futuro", "Intervención naturopática en problemas articulares con homeopatía", "Trastornos de ansiedade: o seu enfoque naturopático".

O Congreso desenvolverase no Hotel Galicia Palace. As persoas interesadas en participar deberán confirmar a súa asistencia no teléfono 986 16 26 20 ou no correo info@alfredoabascalalbernaz.com