Actualízate

21 de Novembro de 2017 Pontevedra

Parroquias

O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón

24 de Febreiro de 2015

O concelleiro delegado da parroquia de Marcón, Demetrio Gómez manterá esta tarde sendas reunións co Claustro e coa Ampa do Colexio de Marcón para presentarlles o proxecto de seguranza viaria que o Concello quere facer no ámbito do centro. Na actualidade existe un problema de seguranza no espazo no que aparcan desordenadamente autobuses escolares e coches particulares, supoñendo un grave perigo para os escolares.
Ante esta situación, o Concello seguindo as propostas da Policía Local, reordenará os fluxos de tráfico no ámbito do colexio, afectando tamén ao pavillón de deportes e ao campo de fútbol.
O propósito é crear un carril de sentido único no espazo no que os autobuses e os vehículos particulares estacionan na actualidade para recoller aos nenos. Farase un carril de servizo arredor dunha isleta na que haberá unhas poucas prazas de estacionamento.
Arredor do colexio, o Concello habilitará un percorrido peonil bolardeado para garantir a seguridade dos nenos, e que poidan ir sós ao centro, se así o desexan.
Ademais, o Concello chegou a un acordo coa Comunidade de Montes para que cedera unha parcela anexa ao actual estacionamento do campo de fútbol, que se adecentará para convertirse en aparcamento para os vehículos particulares. Os pais poderán achegarse ao centro pola senda peonil que se habilitará entre o campo de fútbol e o aparcamento do colexio.
Esta actuación completarase coa instalación dun lombo nas proximidades do Pavillón parroquial.
O concelleiro Demetrio Gómez fará esta proposta á comunidade escolar para que a estuden e fagan as achegas que consideren. O propósito é poder facer esta actuación neste curso escolar.

Rematada a primeira fase de mellora da subida á igrexa de Mourente
Mellora dos accesos ao núcleo da Piolla, en Lérez, por 120.000 euros
Comeza a retirada da pasarela peonil de Estribela
O Concello traslada a veciños de Mourente e Bora a situación do saneamento da N-541
Reunión con veciños de Mourente e Bora polo saneamento
Campañó recibe a nova praza urbana do lugar de Cabaleiro
A rehabilitación da Casa da Cultura de Tomeza, a moi bo ritmo
A Liga Nacional de Billarda chega a Campolongo
Ediserpo, a mellor oferta para construír o Local social de Salcedo
Aprobada unha modificación de crédito por 2.3 millóns
A clausura dos Estrumings days aborda as TICs e Internet
28 de Novembro de 2013

A Facultade de Belas Artes acolle mañá pola tarde, de 17 a 21 horas, a terceira e última xornada do programa Estruming days,

Mañá remata o curso sobre financiación empresarial na Escola de coñecementos
25 de Novembro de 2013

A Casa da Cultura de Santa María de Xeve acolle mañá, 26 de novembro, a segunda das xornadas do Curso organización

Comezan as xornadas profesionais de traballo no rural: Estruming days
26 de Setembro de 2013

A sede do CSIC na Misión Biolóxica de Salcedo acolle mañá, ás 17.00 horas, a primeira sesión do programa

Final do I Campionato de Petanca, mañá, no campo de Santo André de Xeve
28 de Xuño de 2013

O campo de petanca de Santo André de Xeve, situado no Campo da Bouza, acolle mañá, a partir das 16.30 horas a final do I

O Club de Fútbol de Salcedo organiza o primeiro Salcedo Sound Festival
03 de Xuño de 2013

A Sociedade Cultural Deportiva de Salcedo organiza este sábado, 8 de xuño, ás 19h no Campo de Fútbol do Casal o

Curso de poda de árbores froiteiras no Local Social de Tomeza
19 de Marzo de 2013

O Concello de Pontevedra inicia este xoves, 21 de marzo, un Curso de poda de froiteiras na parroquia de Tomeza. O curso desenvolverase no Local

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 21.11.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 21.11.2017 polo Concello de Pontevedra.