Os portavoces dos tres grupos municipais reúnense coa Plataforma anticrematorios en Pontevedra Leste

60

Os portavoces dos tres grupos políticos da Corporación municipal, presididos polo alcalde accidental, Antón Louro, mantiveron hoxe a xuntanza cos membros da Plataforma anticrematorios Pontevedra Leste. A xuntanza, neste formato, tiña sido solicitada polo colectivo veciñal.

Os portavoces, Louro (PSdeG-PSOE); Raimundo González (BNG) e Jacobo Moreira (PP) escoitaron aos membros da Plataforma e expuseron as súas respectivas posturas ao respecto do proxecto de instalación dun tanatorio-crematorio no solo rústico situado a carón do cemiterio de San Amaro, conforme ao Plan Especial de Infraestruturas aprobado en 2009 polo Concello e a Xunta de Galicia.

Todas as partes asumiron o compromiso de manter novos encontros e manter aberto o diálogo.