Obras de mellora da rede de saneamento no sur da cidade

66

O Concello de Pontevedra iniciará o vindeiro xoves, 31 de xullo, as obras para a construción da rede separativa de augas pluviais e fecais na rúa Alcalde Hevia. Son uns traballos que durarán unhas dúas semanas, segundo explicou o concelleiro responsábel do Ciclo da auga, Raimundo González, quen tamén manifestou que nesa data tamén se iniciarán traballos similares na confluencia das rúas Fernández Ladreda, Rúa da Estación e avenida de Vigo.

Estes traballos inclúense dentro da mellora da rede de saneamento e pluviais existente, que se irá sucedendo ao longo do verán con pequenas obras en distintos puntos da cidade, como os anteriormente mecionados, pero que resolven importantes problemas no eido no que se desenvolven, e especialmente evitan a sobrecarga da planta depuradora.