Actualízate

15 de Decembro de 2018Pontevedra

O Santuario da Peregrina, BIC

23 de Decembro de 2011

O Concello de Pontevedra celebrou esta mañá un acto oficial de conmemoración da declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) do Santuario da Virxe Peregrina. Neste acto que estivo presidido polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores e contou coa asistencia dos dous concelleiros que estiveron implicados nesta declaración: o actual concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará e a ex tenente de alcalde Teresa Casal. Tamén asistiu a diretiva da Confraría da Virxe Peregrina, así como representantes de todas as Confrarías da Semana Santa, o presidente dos Amigos do Camiño Portugués, Celestino Lores e outros representantes do eido cultural, social e político da cidade.

Neste acto, que comezou co repique das campás do Santuario e a actuación do cuarteto de metais da Banda de Música de Pontevedra, interviu o vicepresidente da Confraría da Virxe Peregrina e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que se dirixiu aos presentes coas seguintes palabras:

Chegou un momento histórico para este fermoso edificio que tanto poder simbólico ten para toda a cidadanía pontevedresa. 

Un momento que queremos ensalzar con toda solemnidade como é conquistar a máxima consideración que un ben cultural pode ter en Galiza: a súa designación como Ben de Interés Cultural, BIC. 

É o intre de agradecer o seu traballo a moitas persoas implicadas neste obxectivo, pero moi especialmente a quen fora a concelleira que iniciou o proceso, Teresa Casal, e a persoa que o culminou, Luis Bará. 

Esto supón moito máis ca unha nova honra para o noso monumento, unha decisión que trascende á súa natureza administrativa e afecta non só ao mesmo edificio, senón a todo o que o arrodea, e ás actividades que podan realizarse na súa contorna. 

Sen dúbida, un dos felices momentos na recuperación da Peregrina como monumento simbólico da cidade, prodúcese o día en que o decidimos retirar o tráfico a motor das rúas que aquí conflúen, así como de todo o conxunto histórico e patrimonial da cidade.  Ese día é no que a Peregrina e o resto das rúas, a Oliva, a Michelena, Benito Corbal, Porta de Trabancas recuperan o seu gran engado para os ollos dos pontevedreses como parte do corazón desta cidade, sen as molestias que os coches lles ocasionaban, tanto a nivel visual como polos negativos impactos da contaminación e os ruídos. 

Outro momento recente de gran interese para o templo foi a súa restauración integral, realizada hai poucos anos grazas á colaboración entre o Xacobeo e o Concello, unha ocasión na que non escatimamos esforzos para deixar o edificio nas mellores condicións, xa que o patrimonio histórico é de todos, é parte da nosa memoria colectiva, e todos temos a obriga de cooperar na súa maxestade. 

Hoxe seguimos na tarefa. 

Estamos a piques de resolver os inconvintes ocasionados polos automóbiles de reparto, especialmente nas horas matinais, desviándoos para outros espazos próximos.  Deixaremos así limpos os arredores deste adro, auténtico quilómetro cero de todas as rúas da capital e miradoiro natural desta graciosa fachada barroca, un precioso xoguete arquitectónico, a mínima expresión en superficie, pero a máxima dimensión en espiritualidade e simbolismo para unha cidade peregrina como nengunha, amiga da memoria histórica coma poucas, e contemporánea como nos merecemos os pontevedreses e pontevedresas de hoxendía.  Para entender a dimensión do que hoxe estamos a celebrar podemos viaxar cara atrás no tempo e no espazo. 

Imaxinádevos o momento no que a Peregrina se erguía sen sombras de cemento ao seu carón, sen os edificios da rúa Daniel de la Sota que hoxe afean esta esbelta silueta coas súas medianeiras e os seus patios de luz.  

Eses monstros impertinentes non terían existido se naquel momento tivésemos á man os beneficios que comporta esta Declaración de Ben de Interés Cultural. 

Amigas, amigos, grazas por estar aquí, grazas por celebrar connosco esta declaración que significa proteción, mimo, valor e futuro para este monumento que ten que seguir sendo do máximo proveito para a comunidade relixiosa, para os amigos das peregrinacións e o camiño; para a cidade, como gran icono arquitectónico e para o conxunto da cidadanía, que a seguirá tendo como o maior lugar de encontro e referencia da capital.  Permitídeme felicitarvos o nadal e desexarvos a todas e todos un feliz ano 2012; que veña cheo de optimismo e enerxía para afrontar os difíciles momentos que se anuncian.

O acto rematou con outra breve actuación do cuarteto de metais da Banda de Música de Pontevedra e o reparto dunha pequena publicación sobre os fitos históricos na vida do Santuario.

 

 

 

Documentos :
Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 15.12.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 23.12.2011 polo Concello de Pontevedra.