O Local Social do Gorgullón acolle mañá a primeira Xornada de saúde de Pontevedra

73

O Local Social do Gorgullón acolle mañá a primeira Xornada da saúde de Pontevedra na que colabora o Concello de Pontevedra.
Nesta xornada, que será inaugurada polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, presentaranse as asociacións de artrite de Pontevedra e Anedia, a asociación de nenos e nenas con diabete.
Tamén se abodarán outras doenzas como o Parkinson ou as enfermidades inflamatorias intestinais, así como distintos tipos de terapias para tratar as enfermidades crónicas.
Todas estarán impartidas por expertos nos diferentes doenzas, así como polos representantes das distintas asociacións que participan na xornada.

Ver documento PDF