Actualízate

23 de Febreiro de 2012Pontevedra

O Concello e Aempe impulsan Edugal, o gran salón da Educación do Noroeste peninsular

25 de Xaneiro de 2012

O Salón da Educación, Edugal, celebrarase no Pazo da Cultura entre o 12 e o 14 de abril. O certame, organizado por Aempe co apoio económico da Concellería de Promoción Económica, nace coa intención de perpetuarse no tempo e converterse na gran referencia sobre Ensino do Noroeste de España e, moi especialmente, na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
A concelleira socialista, Carlota Román, acompañada polo presidente e vicepresidente de Aempe, José María Corujo e Eduardo Barros presentou hoxe a iniciativa. A responsable municipal destacou que trátase dunha aposta máis pola celebración de eventos feirais e congresuais en Pontevedra, dento da estratexia global de utilizar esta plataforma para promocionar a cidade e traballar a prol da economía e o turismo.
Achegar a educación regrada ao posto de traballo e abrir un debate profesional sobre o difícil momento presente e o futuro da Educación (especialmente no sector público) son os obxectivos sobre os que vai pivotar Edugal. Por tanto, está especialmente dirixido aos estudantes de Secundaria e Bacharelato e aos profesionais do Ensino.
Aínda que a programación definitiva presentarase dentro dalgunhas semanas, o esquema de Edugal baséase en tres liñas principais: stands informativos, nos que os centros e institucións participantes (públicas e privadas) amosarán a súa oferta; actividades formativas, nas que que se encadran as conferencias, debates e coloquios e, finalmente, actividades paralelas, como poden ser algunhas actividades deportivas e relacionadas cos ámbitos cultural e tecnolóxico.
Os asistentes ao Salón poderán obter unha información clara sobre todas as opcións que ofrecen as universidades galegas, do Norte de Portugal e algunhas españolas e mesmo internacionais. Poderán saber tamén sobre os estudos de formación profesional, a oferta existente de formación militar e, finalmente, as ofertas de estudos e idiomas no estranxeiro. Conceptos como as becas de estudos, de mobilidade, a busca activa de emprego e o e-learning estarán tamén moi presentes.
Carlota Román amosouse encantada de poder colaborar cun proxecto, presentado por Aempe, que resulta singular e reúne todos os requisitos para merecer o apoio da súa Concellería. E aínda máis nun momento de crise económica, no que cómpre reflexionar sobre asuntos tan candentes como o futuro do Ensino ou o fracaso escolar.
Eduardo Barros agradeceu o apoio municipal, pero anunciou que o certame nace coa intención de continuar en anos vindeiros e, a ser posible, acadando a autofinanciación. Aínda así, explicou, o apoio institucional é vital nesta primeira etapa.
O directivo de Aempe definiu Edugal como unha aposta pola mellora na integración profesional no mundo da empresa. Unha oportunidade, engadiu, para que os mozos e mozas que están en formación ou en postformación teñan unha visión completa de toda a oferta educativa existente no escaparate da eurorrexión Atlántica.
Barros destacou que Edugal é un proxecto moi ambicioso, dado que só existen eventos similares en Madrid ou Barcelona. A programación definitiva, subliñou, está a ser elaborada por un panel de expertos nos que hai xente do sector do Ensino, do Concello, de Aempe e dos sindicatos.

Pontevedra, Distinción de prata do Triatlón
Máis de 30 rúas mellorarán o seu estado con traballos de mantemento e reparación nos próximos catro meses
Pontevedra vive o seu Desfile de entroido máis numeroso
Xa está activada Redeaxuda!
Volve o Salón do Libro!
Pontevedra dará mañá a benvida ao Entroido
O Campionato de Natación para mozos xerará máis de 4.500 pernoctas nos hoteis da bisbarra
Pontevedra acolle por primeira vez unha competición oficial de canicross e bikejoring
Terras de Pontevedra únese a Turismo de Pontevedra para optimizar recursos
Pontevedra, Distinción de prata da Federación Española de Triatlón
A presentación de Ravachol e as Murgas marcan o inicio da semana do Entroido
19 de Febreiro de 2012

[...]

Aberto ata o 2 de marzo o prazo para inscribirse no programa Aquactiva
16 de Febreiro de 2012

[...]

Moncloa anuncia unha futura visita do Presidente do Goberno a Pontevedra
15 de Febreiro de 2012

[...]

Proba en galego ofrece mañá a conferencia de Valentina Formoso sobre o galego no comercio
15 de Febreiro de 2012

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 23.02.2012 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 25.01.2012 polo Concello de Pontevedra.