Nova imaxe dixital para divulgar o CITA

86

O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) iniciou o pasado mes de xullo un novo percorrido da man da empresa Etnoga que será a encargada de xestionala durante o vindeiro ano. Segundo explicou esta mañá o concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará, indicou que o obxectivo é potenciar a difusión do centro reforzando a sinaléctica exterior, así como a difusión en internet e nas redes sociais.

Neste mes de setembro comezarán actividades de divulgación para atraer máis público ao centro como:

  • Convocatoria a todos os centros escolares de Galicia para que visiten o CITA
  • Promoción da divulgación histórica con conferencias
  • Xornada de portas abertas para celebrar o cuarto aniversario para o que se convidarán ás asociacións da cidade a visitar o CITA de balde.
  • Festa aniversario para facer partícipes a toda a cidadanía.

No mes de agosto houbo 291 visitas, un 30% máis que en 2013. A súa procedencia foi a seguinte:

  • 50% de Pontevedra
  • 15% resto de Galicia (especialmente da comarca e arredores, pero tamén de Ourense, Lalín, Monforte, Coruña.
  • 25% resto do Estado especialmente de Castela, Madrid e Andalucía.
  • O resto do extranxeiro, especialmente de Francia e hispanoamérica.

O novo blog do CITA é citapontevedra.wordpress.com e tamén teñen abertas contas en facebook e twiter.