III edición do Oulet do libro galego

95

O Café Moderno acolle do 4 ao 12 de outubro o terceiro Oulet do Libro que foi presentado esta mañá no Concello de Pontevedra. Trátase dunha iniciativa que a Asociación galega de editores fan en Pontevedra pola boa acollida do público.

Haberá arredor de 10.000 exemplares de 16 editorais con prezos que oscilan entre os 3 euros até os 10 euros por lotes de 5 libros. Tamén haberá vendas de unidades entre 5 e 15 euros.

O Oulet estará aberto de 11 a14 horas e de 17 a 21 horas.